A Copa do Rei de hóckey a patíns 2019 foi a 76ª edición da Copa do Rei. A competición disputouse entre os días 21 e 24 de febreiro de 2019 na localidade catalá de Reus. O 28 de novembro de 2018 a Real Federación Española de Patinaxe anunciou na súa páxina web que Reus acollería a cita copeira, sendo ademais a primeira vez que se disputaron de xeito conxunto a Copa do Rei e a Copa da Raíña co obxectivo de promover as dúas competicións, nas que participaron os oito mellores equipos da OK Liga e a OK Liga Feminina. Paralelamente ás dúas citas copeiras, a cidade de Reus acolleu tamén a Minicopa, tanto en categoría feminina como masculina, unha competición nada na mesma cidade en 2016.
Ao finalizar a competición o FC Barcelona alzouse co título e conseguindo deste xeito a súa cuarta Copa do Rei de xeito consecutivo e a 23ª da historia do club blaugrana. O FC Barcelona foi ademais o equipo máis goleador con 10 goles, mentres que o MVP da competición foi o portugués João Rodrigues, do FC Barcelona.
Sede
A competición disputouse no Pavelló Olímpic de Reus, un pavillón de titularidade municipal deseñado por Josep M. Martí e inaugurado en 1992 con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona '92, onde foi unha das tres subsedes da competición de hóckey a patíns. A pista ten unha superficie de parqué de 40 x 20 metros e capacidade para 3 700 persoas.
Esta foi a terceira vez que o pavillón acolleu a Copa do Rei, logo de ter organizado a competición en 2005 e 2016. O pavillón ten acollido outros importantes eventos do hóckey a patíns, tanto a nivel de clubs como de seleccións, como o Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns en 1999 ou o Mundial de Clubs de 2008.
Participantes e sistema de competición Nesta edición participaron un total de oito equipos, os oito mellores clasificados logo da primeira volta da OK Liga 2018-19. Os catro primeiros clasificados da primeira volta da OK Liga foron cabezas de serie no sorteo das eliminatorias. Os oito equipos participantes foron os seguintes:
PosEquipoPtsPXPGPEPPGFGCDG120px Barça Lassa39 15 12 3 0 80 24 +56220px Deportivo Liceo35 15 11 2 2 71 29 +42320px Reus Deportiu Miró30 15 8 6 1 62 38 +24420px Recam Làser Caldes29 15 9 2 4 44 46 -2520px CE Noia Freixenet28 15 8 4 3 52 40 +12620px Lleida Llista Blava27 15 8 3 4 57 43 +14720px Igualada Rigat23 15 7 2 6 48 39 +9820px Voltregà Stern-Motor18 15 5 3 7 35 43 -8
Resultados
Cuartos de final
Semifinais
Final
Campión da Copa do Rei 2019150pxFC Barcelona23º título
Notas
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Real Federación Española de Patinaxe
Categoría:Copa do Rei de hóckey a patíns Categoría:Hóckey a patíns en 2019 Categoría:Reus