O voo 23 de Airwork era un servizo de carga postal en Nova Zelandia entre o aeroporto de Auckland e o aeroporto de Woodbourne. O día 3 de maio de 2005 o Fairchild SA227-AC Metro III que operaba a ruta desintegrouse en voo.

Accidente O avión tiña programado a súa engalaxe para as 9:00 pm hora local, pero atrasouse mentres se cargaba. Durante o atraso os pilotos pediron 570 litros máis de combustible e dixéronlle á persoa encargada do abastecemento que o puxese todo no tanque da á esquerda, en vez de dividilo entre os dous tanques, segundo os procedementos da compañía. O voo engalou finalmente ás 9:36 pm.

Xusto despois da engalaxe activouse o piloto automático que controlou o avión durante a súa trepada ao nivel de voo 220. O aparello continuou a plena potencia en vez de voar a velocidade de cruceiro durante os seguintes 15 minutos, co obxectivo de recuperar o tempo perdido. Ao baixar a potencia a velocidade de cruceiro o capitán notou desequilibrio entre os tanques de combustible e iniciou os procedementos de transvasamento de combustible. Pouco despois, ás 10:13 o avión entrou nun descenso en espiral e rompeuse no aire, matando os dous pilotos.

Notas

Airwork Categoría:Accidentes e incidentes de Airwork Airwork Airwork