Virgilio Ledo Santoandré, nado en Chantada en 1896, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Emigrante en Cuba, foi redactor das revistas Caricato e Semana. Ao seu retorno da illa foi administrador do periódico La Voz del Agro de Chantada. Na Segunda República foi oficial do Concello de Chantada. Foi secretario da Juventud Agraria (1932), secretario da Sociedad de Agricultores de Centulle e vicepresidente da Federación Agraria Liga Provincial Agraria de Lugo. Secretario da Asociación Republicana en 1934, foi delegado do Comité Provincial Izquierda Republicana de Lugo. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 13 de agosto, permanecendo no cárcere de Lugo sen procesamento xudicial até o 14 de maio de 1938. Abríronlle expediente por responsabilidades políticas en xaneiro de 1942Expedientes de Responsabilidades Políticas de Lugo e foi sancionado. No franquismo foi apoderado da empresa Auto Industrial en Ourense.El Pueblo Gallego, 16-3-1960, p. 10. En 1977, en virtude da Lei de Amnistía, foi reincorporado no corpo de funcionarios do Concello de Chantada e simultaneamente xubilado, contando xa con 81 anos.Arquivo Municipal de Chantada, Libro de Actas de 1977, signatura 1996

Notas

Véxase tamén Bibliografía Poesía galega en La Voz del Agro Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xornalistas de Chantada Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes