O voo 172 de Adam Air foi o accidente sufrido por un Boeing 737-300 cando aterraba en Surabaia ao final dun servizo doméstico dende o aeroporto Soekarno-Hatta e o aeroporto Juanda. O día 21 de febreiro de 2007 o avión dobrouse na aterraxe, rompendo a fuselaxe na metade da sección de pasaxeiros. O seis restantes 737 de Adam Air quedaron inmediatamente en terra, aínda que cinco deles volveron ao servizo posteriormente nese mesmo ano. Este incidente causou novas preocupacións sobre a seguridade dos voos operados por Adam Air, que fora moi criticada despois do accidente do voo 574 o 1 de xaneiro de 2007.
Avión O aparello era un Boeing 737-33A, con rexistro PK-KKV. Fora mercado por Adam Air en xaneiro de 2007, sendo operado anteriormente pola aeroliña brasileira Varig. O avión construírase no ano 1994.
Accidente Durante a aterraxe no aeroporto internacional Juanda o avión partiu pola metade. A aterraxe foi particularmente dura e a equipaxe saíu dusparada dos portavultos da cabina. A sección de cola quedou dobrada cara a abaixo. Posteriores voos ao aeroporto foron desviados a aeroportos alternativos. A frota de Boeing 737 de Adam Air quedou en terra para realizarlle inspeccións de seguridade. Xusto despois do accidente Adam Air repintou o avión, cubrindo a librea laranxa da aeroliña con pintura branca. Como consecuencia do accidente un gran número de pasaxeiros cancelaron os seus voos con Adam Air, dicindo que "perderan a fe" na aeroliña.
Notas
Adam Air Categoría:Accidentes e incidentes de Adam Air Adam Air Adam Air