O tubícola chusco (Neoclinus blanchardi) é unha especie de peixe perciforme da familia Chaenopsidae. Caracterízase por posuír unha gran boca ancha e un comportamento territorial. Cando dous destes peixes se enfrontan nunha loita territorial, loitan premendo as súas bocas estendidas, coma se estivesen a bicarse; isto permítelles determinar cal dos exemplares ten unha boca de maior tamaño, estabelecendo así o seu dominio.

Poden medir até 30 cm de longo. Os seus corpos son alongados e esveltos, xeralmente desprovisto de escamas, con grandes aletas pectorais mentres que as pelvianas atópanse reducidas. Despois da posta dos ovos por parte da femia baixo unha rocha ou nun tobo de ameixas, son os machos quen se encargan de protexer os ovos.

Atópanse no leste do océano Pacífico, nas costas de América do Norte, dende San Francisco (California) até a Baixa California. Habita a profundidades de entre 3 e 73 m.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Universidade de Michigan Animal Diversity Web Strange Fish Identification Website

Categoría:Animais descritos en 1858