, nada en Tokyo o 9 de outubro de 1984, é unha autora e consultora xaponesa. Kondo escribiu varios libros sobre organización, que venderon millóns de copias en todo o mundo e foron traducidos do xaponés ó coreano, chinés, castelán, indonesio, francés, alemán, sueco, portugués e inglés. En particular, o seu libro Jinsei ga Tokimeku Katazuke no Mahō (2011) foi publicado en máis de 30 países. Foi un dos mellor vendidos no Xapón e en Europa, e foi publicado nos Estados Unidos en 2014.

Nos Estados Unidos e no Reino Unido, o perfil de Kondo e os seus métodos foron amplamente promovidos a través do éxito da serie de Netflix Tidying Up with Marie Kondo, estreada en 2019, a cal lle valeu a Kondo un nomeamento aos Premios Primetime Emmy.

Foi considerada pola revista Time como unha das "100 persoas máis influentes" de 2015.

Publicacións Jinsei ga Tokimeku Katazuke no Mahō (人生がときめく片づけの魔法). Tokyo: Sunmark Shuppan, 2011; Jinsei ga Tokimeku Katazuke no Mahō 2 (人生がときめく片づけの魔法2). Tokyo: Sunmark Shuppan, 2012; . Mainichi ga Tokimeku Katazuke no Mahō (毎日がときめく片付けの魔法), Tokyo: Sunmark Shuppan, 2014; . Irasuto de Tokimeku Katazuke no Mahō = The Illustrated Guide to the Life-Changing Magic of Tidying Up (イラストでときめく片付けの魔法). Tokyo: Sunmark Shuppan, 2015; . Manga de Yomu Jinsei ga Tokimeku Katazuke no Mahō. Tokyo: Sunmark Publishing, 2017;

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Tokyo