O voo 583 de China Eastern Airlines era un servizo dende o aeroporto de Shanghai-Hongqiao ata o aeroporto dos Ánxeles. O día 6 de abril de 1993 o McDonnell Douglas MD-11 que operaba a ruta atopábase a altura de cruceiro sobre o océano Pacífico a Mach 0.84 cando un tripulante despregou accidentalmente os slats preto das illas Aleutianas. O avión entón atopouse con graves oscilacións e fixo unha aterraxe de emerxencia na base aérea de Shemya, nas illas Semichi, Alasca.
Dos 255 pasaxeiros e tripulantes 60 foron hospitalizados. Dous deles finalmente morreron no hospital. Da tripulación de voo, 5 saíron ilesos e 3 resultaron feridos graves. Dos asistentes de voo, 8 resultaron ilesos e 4 tiveron feridas graves. Dos pasaxeiros superviventes, 84 non resultaron feridos, 96 tiveron feridas leves e 53 graves. O 24 de abril de 1993 todos os pasaxeiros agás tres xa foran dados de alta.
A novela de Michael Crichton Airframe iníciase cun accidente baseado no voo 583.
O avión, co rexistro N951AR, no presente serve como cargueiro para a compañía de Miami Sky Lease Cargo.
Notas
Categoría:Accidentes aéreos nos Estados Unidos de América Categoría:Accidentes e incidentes de China Eastern Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de McDonnell Douglas MD-11 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1993