José Antonio Moreira Casal, nado en Vilagarcía de Arousa o 10 de decembro de 1899 e finado no mesmo concello o 15 de marzo de 1944, foi un médico e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Moreira Escariz, perito agrícola e administrador do pazo da Golpilleira, e Ignacia Casal Soto. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi expulsado o último ano por unha brincadeira e rematou na Universidade de Sevilla, obtendo a licenciatura en xuño de 1923. Especializouse en Obstetricia na Universidade de Madrid, na que fixo o doutoramento.

Dende 1924 exerceu como médico en Vilagarcía de Arousa. Era coñecido como "o médico dos pobres". Logo da proclamación da República foi membro da comisión xestora municipal e despois concelleiro polo Partido Galeguista ata agosto de 1934, cando foi contratado polo Concello como médico tocólogo. O 22 de decembro de 1935 foi obxecto dunha multitudinaria homenaxe en Vilagarcía.El Pueblo Gallego, 25-12-1935, p. 13.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detenido e desterrado a Bande. Despois foi desterrado a Alcambra (provincia de Teruel) onde traballou na clínica dun seu irmán. Prestou servizo aos feridos de guerra durante a batalla do Ebro. Enfermo, permitíronlle regresar a Vilagarcía en 1942, onde morreu en marzo de 1944. O seu enterro constituíu unha homenaxe popular, o féretro foi levado en ombreiros polo centro de Vilagarcía, pese á oposición do párroco.

Vida persoal

Casou con Segunda Manciñeira.

Recoñecementos

En 1978 unha subscrición popular sufragou un busto como homenaxe. Unha rúa de Vilagarcía leva o seu nome.

Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía en 2010.El doctor Moreira Casal se incorpora a la lista de hijos predilectos de Vilagarcía

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lembranza do Doutor Moreira Casal

Ligazóns externas

El médico de los pobres Fotografías en O faiado da memoria

Categoría:Médicos de Vilagarcía de Arousa

Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes