Natasha Liu Bordizzo (en , Liú Chéng-yǔ), nada en Sydney o 25 de agosto de 1994, é unha actriz e modelo australiana. Fixo o seu debut no cinema interpretando o papel de Snow Vase no filme Crouching Tiger, Hidden Dragon: Sword of Destiny de Netflix.

Traxectoria Bordizzo naceu en Sydney, Australia. A súa nai é chinesa e o seu pai é de ascendencia italiana. Asistiu ó Sydney Girls High School, e despois comezou a estudar no Bachelor of Law / Bachelor of Communication da Universidade de Tecnoloxía de Sydney, cando conseguiu o papel no filme Crouching Tiger, Hidden Dragon: Sword of Destiny malia ser esa a súa primeira audición. Bordizzo declarou que a súa aparencia e as súas habilidades de artes marciais foron factores clave ó conseguir o papel. Bordizzo ten cinto negro en Taekwondo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Sidney Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Australianos de ascendencia chinesa Categoría:Australianos de ascendencia italiana Categoría:Modelos femininas de Australia