José Carlos Schwarz, nado en Bissau o 6 de decembro de 1949 e finado na Habana o 27 de maio de 1977, foi un poeta e músico de Guinea-Bissau. É amplamente recoñecido como un dos máis importantes e notábeis músicos de Guinea-Bissau.
El escribiu en portugués e francés, mais cantaba en crioulo.
Traxectoria En 1970 formou a banda "Cobiana Djazz" formado por un grupo de amigos. Estivo preso na “Colonia Penal e Agrícola da Illa das Galinhas" por mor da súa actividade política a prol da independencia. Inspirado nesta experiencia, compuxo a música “Djiu Di Galinha”Benzinho, Joana; Rosa, Marta (2018). Guia Turístico - À Descoberta da Guiné-Bissau. Coimbra: Afectos com Letras, UE. 16 páxinas.
Após a independencia de Guinea-Bissau, Schwarz converteuse en diretor do Departamento de Artes e Cultura, e tamén foi o responsábel da política da infancia guineana. En 1977 iniciou a súa carreira na Embaixada de Guinea-Bissau en Cuba. O 27 de maio do mesmo ano, Schwarz morreu nun accidente de avión preto da Habana.
Notas
Categoría:Nados en Bissau Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Músicos de Guinea-Bissau Categoría:Finados en accidente aéreo