O voo 505 de Aeroflot esnafrouse xusto despois de engalar de Tashkent o día 16 de xaneiro de 1987. O voo 505 era un servizo a primeira hora da mañá entre Tashkent e Shahrisabz, na República Socialista Soviética de Uzbekistán. O avión engalou xusto un minuto e 28 segundos despois de que o fixese un Ilyushin Il-76, atopándose así coa súa turbulencia de estela. O Yakovlev Yak-40 despois inclinouse bruscamente cara á dereita e golpeou o chan incendiándose. As 9 persoas a bordo morreron.
Avión e tripulación O aparello implicado era un Yakovlev Yak-40 con rexistro CCCP-87618. No momento do accidente o avión tiña 17 132 horas de voo en 20 927 ciclos.
A tripulación estaba formada por:
Capitán T. Yunusbek. Copiloto Valery Strunin. Enxeñeiro de voo R. F. Davydov. Asistente de vooT. A. Kulikova.
Notas
Categoría:Accidentes aéreos na Unión Soviética Categoría:Accidentes e incidentes de Aeroflot Categoría:Accidentes e incidentes de Yakovlev Yak-40 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1987