Juan Salgado Riveiro,Nalgunhas fonte aparece como Juan García Salgado. coñecido como Juan, nado nas Casas dos Montes (Oímbra) e finado en Cambedo o 21 de decembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Nado nunha familia de músicos, tocaba o cornetín. Anarquista. Membro do grupo guerrilleiro de Mario Rodríguez Losada. Despois encabezou un grupo duns trinta guerrilleiros que loitaron na raia galaico portuguesa. Formou parte do grupo de Demetrio García Álvarez, do que foi lugartenente. Foi sorprendido cando estaba agochado na casa dunha familia de Cambedo o 21 de decembro de 1946 na batalla de Cambedo. Ao fuxir para as Casas dos Montes foi ferido; intentou retornar a Cambedo pero foi abatido polos axentes portugueses. O seu cadáver foi exposto no cemiterio de Chaves. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Batalla de Cambedo Ligazóns externas Cambedo, 1946: Que fazer com a memória silenciada?
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia
Categoría:Nados en Oímbra Categoría:Finados en 1946 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes