As Forzas de Paz da ONU, popularmente coñecidas como cascos azuis pola cor dos seus cascos, son corpos militares encargados de crear e manter a paz en áreas de conflito, controlar e observar os procesos de paz e dar asistencia a ex combatentes na implementación de tratados con fins pacíficos. Actúan por mandato directo do Consello de Seguridade da ONU e nel forman parte membros das forzas armadas e policiais dos países integrantes das Nacións Unidas, integrándose así nunha forza multinacional. miniatura|Casco azul noruegués En 1956, estas forzas supervisaron o cesamento de hostilidades entre Exipto e Israel. Posteriormente teñen actuado noutros conflitos en Oriente medio, Líbano, Chipre, Mozambique, Somalia, Bosnia etcétera.
En 1988, cando o peruano Javier Pérez de Cuéllar era Secretario Xeral da ONU, os Cascos Azuis recibiron o Premio Nobel da Paz.
En 1993, os Cascos Azuis da ONU destacados na antiga Iugoslavia recibiron o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional.
Categoría:Forzas armadas Cascos Categoría:Premios Princesa de Asturias de Cooperación Internacional