As Torres Flame () son os tres rañaceos máis altos da cidade de Bakú, en Azerbaidján, con alturas de 190 m, 160 m e 140 m. Conteñen apartamentos, un hotel e oficinas. O seu custo estimado é de 350 millóns de dólares. A construción comezou en 2007 e rematou en 2012. As Torres Flame son tres torres: sur, leste e oeste.
As fachadas das tres torres transfórmanse en grandes pantallas co uso de máis de 10 000 LEDs de alta potencia, fornecidos por Traxon Technologies, sucursal de Osram, e Vetas Electric Lighting.http://www.vetasled.com
Iluminación Segundo unha enquisa de skyscrapercity.com, un importante foro de arquitectura e urbanismo, a iluminación das Torres Flame, deseñada por HOK, foi recoñecida como a mellor do mundo. As torres ilumínanse con LEDs que mostran o movemento dunha chama, a cal é visible dende toda a cidade.Flame Towers on Youtube Esta iluminación crea o efecto de grandes fachos, salientando o concepto das Torres Flame, como reflicte o seu nome.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Edificacións de Bakú Categoría:Rañaceos