O bUSCatermos é un buscador de terminoloxía desenvolvido polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

Descrición É un banco de terminoloxía multilingüe accesíbel a través de Internet.

Nun inicio naceu como un buscador de terminoloxía para a comunidade universitaria, mais, en 2012, abriuse ao libre acceso. Nese momento tiña información sobre 150 000 conceptos con máis de 450 000 entradas. Desde 2013, é posíbel consultalo desde teléfonos intelixentes e tabletas tanto no sistema operativo Android como no iOS.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do bUSCatermos

Categoría:Terminoloxía Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Normalización lingüística do galego