Cadaloh (Kadaloch, Kadolach, Cadolah, Cadolach, Chadolah, Chadalhoh, Chadolt, latinizado como Cadalaus), finado o 31 de outubro de 819, foi duque de Friúl desde 817 ata a súa morte. Era fillo dun conde Bertoldo (Pera[h]told) e unha muller da familia dos Alaholfingas.
Traxectoria Era o patrón ou protector do mosteiro de San Gall. Co seu irmán Uuagón (Wago), deu propiedades na vila de Wanga en favor do mosteiro, por carta do 23 de outubro de 805. Tamén doou a 17 de novembro de 817, na época na que levaba o título de conde (comes) e onde ordenou ao seu fillo, Berthold, facer doazóns no seu nome tras a súa morte.
Naqueles días, xa estivera a cargo de Dalmacia, onde foi o gobernante local no momento en que unha embaixada de Constantinopla atravesou o país ata a corte de Lois o Piadoso (816). Algún tempo despois, probabelmente en 817, foi nomeado duque de Friúl. Exinardo cítao como Cadolaum comitem et præfectum marcæ Foroiuliensis ("Cadolah, conde e prefecto da marca Friúlana") o 818. Posteriormente chámao Foroiuliensis Dux cando recorda a súa morte logo de volver dunha campaña contra Ljudevit Posavski, duque dos croatas de Panonia, en 819. Segundo a Vita Hludovici Imperatoris, Cadolah foi substituído por Baldrico.
Véxase tamén Bibliografía Tegano de Trier. Vita Hludowici Imperatoris Einhard, Vita Karoli . Einhard: Vita Karoli Magni. Das Leben Karls des Großen; übersetzt von Evelyn Scherabon Firchow, Reclam Verlag, Stuttgart 1995. ISBN 3-15-001996-6 Ludwig Ohngemach: Zur Geschichte von Erbstetten und Unterwilzingen. In: Mitteilungsblatt der Großen Kreisstadt Ehingen (Donau), Ausgabe West, 2005.
Categoría:Ducado de Friúl Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 819 Categoría:Nados no século VIII