A sigla COI pode referirse a:

Comité Olímpico Internacional, organismo que coordina as actividades do Movemento Olímpico e que se encarga de supervisar e administrar todo o concernente aos Xogos Olímpicos. Congreso Ornitolóxico Internacional, asemblea dependente da Unión Ornitolóxica Internacional, que se reúne cada catro anos e está encargada, entro outros asuntos, de fixar a clasificación científica das aves. Comisión do Océano Índico, unha organización intergobernamental que une ás Comores, Madagascar, Mauricio, Francia (polo seu Departamento de Reunión) e as Seychelles, pola súa relación co océano Índico. Consello Oleícola Internacional, o único organismo internacional dedicado ao aceite de oliva e ás olivas de mesa.