Ouranosaurus (bér.+ gr. "réptil valente") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro iguanodontiano hadrosauroide, que viviu a mediados do período Cretáceo, hai aproximadamente 110 millóns de anos, no Aptiense, no que hoxe é África. Atopado na Formación Echkar (ou El Rhaz), depósitos de Gadoufaouna, Agadez, Níxer, en 1966 e foi nomeado en 1976 polo paleontólogo francés Philippe Taquet. A especie tipo é Ouranosaurus nigeriensis.Taquet, P. 1976. "Geologie et paleontologie du gisement de Gadoufaoua (Aptien du Niger)", Cahier Paleont., C.N.R.S. París, 1-191
Descrición esquerda|miniatura|Restauración da cabeza do Ouranosaurus. Ouranosaurus era un herbívoro, bípede/cuadrúpede que medía uns 7 metros de lonxitude, e un peso de 4 toneladas. Non presentaba dentes na porción frontal das súas mandíbulas pero si un gran peteiro plano máis grande que o de Iguanodon, pero tiña grandes "baterías" de dentes a ambos os dous lados das mandíbulas usados para mastigar as plantas que recollía co seu peteiro. Grandes fazulas musculares evitarían que a comida, follas, froitas e sementes lle caesen da boca. esquerda|miniatura|Cranio do Ouranosaurus Ouranosaurus tiña a fenestra temporal detrás dos ollos e un longo músculo capiti-mandibularis inserido no proceso corónides da mandíbula. Isto proveulle unha maior área da inserción para os músculos da queixada, permitíndolle unha mordedura máis forte. Un pequeno músculo, o depresor da mandíbula, atópase na parte posterior do cranio.
Clasificación Malia algunhas semellanzas con Iguanodon como a púa no polgar, Ouranosaurus non está clasificado dentro de Iguanodontidae, como nun principio, un grupo hoxe considerado parafilético. Atópase dentro do clado Hadrosauroidea, que contén ós verdadeiros hadrosáuridos, os "dinosauros peteiro de pato" que abundaron a finais do Cretáceo e ós seus parentes achegados. Ouranosaurus parece ser unha póla temperá especializada neste grupo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ouranosaurus na revista Nature
Categoría:Fósiles descritos en 1976