O Jeton de Vermeil é un premio que recoñece a consecución de logros académicos en materia numismática, outorgado anualmente pola Sociedade Francesa de Numismática a un investigador estranxeiro (non francés). Paralelamente, cada tres anos concédeselle tamén ao presidente saínte da sociedade. Durante as súas primeiras edicións coñeceuse como Medalla de Vermeil."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org)."Jeton de vermeil de la SFN". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org).

Historia Os galardoados reciben unha ficha monetiforme que foi deseñada e gravada en 1932 polo artrista Lucien Bazor, que na época era gravador xeral das moedas francesas na Monnaie de Paris.

A creación deste premio foi posible grazas ao legado de 8.000 francos (de 1926) deixado á Sociedade Francesa de Numismática polo comandante Pierre Babut no seu testamento. Babut, que faleceu o 28 de decembro de 1926, fora presidente da sociedade en dous períodos, entre 1907 e 1908, e entre 1912 e 1913, e foi un dos máis grandes coleccionistas de moedas da monarquía francesa do primeiro terzo do século XIX.

En febreiro de 1927, a sociedade cumpriu o desexo de Babut de que o seu legado fose destinado a unha medalla dedicada aos seus membros e, tras considerar varias opcións, o 4 de marzo de 1933 presentóuselles aos socios a primeira psoposta de medalla. A Sociedade decidiu daquela cuñar 100 medallas de prata e 200 de bronce e púxoas ao dispor dos seus asociados, mediante compra. A partir de aí, a Sociedade decidiu cuñar novos exemplares para os seus expresidentes e, o 3 de marzo de 1934, estableceu a súa concesión anual a un investigador numismático de nacionalidade non francesa.

Entre os seus receptores están varios dos máis eminentes numismáticos europeos do século XX, como os británicos H. Mattingly (1939), R. A. G. Carson (1971), e entre eles están figuran os españois Leandre Villaronga (1977) e Pere Pau Ripollés (1998).

Galardoados

Medalla de Vermeil

1934: George Francis Hill. 1935: Victor Tourneur 1936: Edward T. Newell 1939: Harold Mattingly

Jeton de Vermeil

1969: Karel Castelin. 1971: R. A. G. Carson. 1972: Paul Balog. 1973: Herbert A. Cahn. 1974: Patrick Bruun. 1976: Ryszard Kiersnowski. 1977: Leandre Villaronga i Garriga. 1978: Maria Radnoti-Alföldi. 1979: Michael Metcalf. 1980: Tony Hackens. 1981: Gian G. Belloni. 1982: Stanisław Suchodolski. 1983: Simone Scheers 1984: Michael H. Crawford 1985: Raymond Weiller 1986: Yordanka Youroukova 1987: Giovanni Gorini 1988: Marion Archibald 1989: Andrzej Kunisz 1990: Ermanno Arslan 1991: Mark Blackburn 1992: Günther Dembski. 1993: Hans U. Geiger. 1994: A. Johnston. 1995: Nicholas Mayhew 1996: Anne Geiser. 1997: Arent Pol. 1998: Pere Pau Ripollès Alegre 1999: Lucia Travaini 2000: Shpresa Gjongecaj. 2001: Wolfgang Hahn 2002: Ioannis Touratsoglou. 2003: Miquel Crusafont i Sabater. 2004: Andrew Burnett. 2005: Ulrich Klein 2006: François de Callataÿ. 2007: Andrea Saccocci. 2008: William E. Metcalf. 2009: Benedikt Zäch. 2010: Michael Alram. 2011: Ernest Oberländer-Târnoveanu. 2012: Roger Bland. 2013: Alessia Rovelli. 2014: Carmen Arnold-Biucchi. 2015: Peter Ilisch."Jeton de vermeil 2015 – M. Peter Ilisch". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2016: Johan van Heesch."Jeton de vermeil 2016 – Johan van Heesch". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2017:Jens Christian Moesgaard."Jeton de vermeil 2017 – M. Jens Christian Moesgaard". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2018:Kevin Butcher."Jeton de vermeil 2018 – M. Kevin Butcher". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2019: Helen Wang."Jeton de vermeil 2019 – Mme Helen Wang". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2020: Michele Asolati."Séance ordinaire de la Société française de numismatique du 5 septembre". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2021: Bernhard Woytek."Assemblée générale - 11 septembre 2021 (provisoire)". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2022: Christof Boehringer."Assemblée générale - 5 mars 2022: Jeton de vermeil 2022". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2023: Abdelhamid Fenina."Jeton de vermeil 2023 – M. Abdelhamid Fenina". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2024: Suzanne Frey-Kupper."Jeton de vermeil 2024 – Mme Suzanne Frey-Kupper". Société Française de Numismatique (Sfnumismatique.org). 2025: Ruth Pliego."Jeton de vermeil 2025 – Mme Ruth Pliego". Société française de Numismatique (Sfnumismatique.org).

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Sociedade Francesa de Numismática

Ligazóns externas Sitio web da Sociedade Francesa de Numismática

Categoría:Premios de numismática Categoría:Premios de Francia Categoría:Sociedade Francesa de Numismática