Raquel Córcoles, nada en Reus en 1986, máis coñecida como Moderna de Pueblo, é unha ilustradora e autora de banda deseñada catalá.Pueblo Moderno: ¡Los capullos no regalan flores! artigo en En feminino do 13 de abril de 2013

O nome de Moderna de Pueblo provén dunha personaxe creada durante a década de 2010, que se converteu nun fenómeno viral con máis de 200 mil seguidores en Facebook.Raquel Córcoles: "Moderna de Pueblo y Cooltureta no podrían ser novios, sólo amigos" reportaxe en RTVE do 20 de maio de 2015 En 2010 gañou a bolsa Carnet Jove Connecta't al Còmic e publicou o primeiro libro protagonizado pola personaxe de la moderna , unha banda deseñada titulada Soy de pueblo e editada por Glénat.Sóc de poble en Comicat, 25 de marzo de 2011 As primeiras colaboracións na prensa foron na revista El Jueves. As súas historietas abordan personaxes da cultura urbana, como hispters.

O seu proxecto Moderna de Pueblo está formado por ela e polo seu compañeiro de traballo Carlos Carrero que se incorporou de todo para publicar o libro Cooltureta: la novela gráfica en 2014.

Obras Soy de pueblo (13 de xaneiro de 2011) Los capullos no regalan flores (13 de xullo de 2011) Cooltureta: la novela gráfica. (10 de marzo de 2014) Idiotizadas, un cuento de empoderhadas (29 de outubro de 2017)

Notas

Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Reus