Antonio Miguel de Ron Pedreira, nado en Lugo o 4 de outubro de 1952, é un profesor e investigador galego.

Traxectoria Licenciouse en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela en 1974, na mesma universidade presentou en 1987 a tese de doutoramento Estudio genético y taxonómico de las poblaciones gallegas de maíz (Zea mays L.). Experto Universitario en Métodos Avanzados de Estatística Aplicada, UNED, 2011.

Postos desempeñados

Catedrático de Instituto entre 1977 e 1988, exerceu no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Entre 1988 e 2004 foi Científico Titular e entre 2004 e 2009 Investigador Científico no Consello Superior de Investigacións Científicas, no que foi Profesor de Investigación desde 2009, Grupo de Bioloxía de Agrosistemas (BAS). Na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC (Pontevedra) foi Xefe do Departamento de Mellora Vexetal entre 1993 e 2004 e de Recursos Fitoxenéticos entre 2004 e 2010, dirixindo o grupo de investigación Bioloxía de Agrosistemas. No Campus de Lugo da Universidade de Santiago foi Profesor Asociado de Xenética entre 1990 e 2004 No Centro da UNED en Pontevedra foi Profesor-Titor entre 1991 e 2014. Entre 1992 e 1994 foi Delegado do Colexio Oficial de Biólogos en Galicia. En 1988 foi nomeado Presidente da Sociedade de Ciencias de Galicia. Entre 2006 e 2012 foi Presidente da Asociación Española de Leguminosas. Desde 2013: Líder do Protein Crops Working Goup da European Association for Research on Plant Breeding, EUCARPIA. Profesor no mestrado universitario en Xenómica Xenética, USC e UVigo. En 2019: membro da Comisión de Títulos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). En 2019 Delegado do CSIC en Galicia. 2025: Vicepresidente da Asociación Española de Leguminosas

Líñas de investigación En 2019 era o investigador principal de “Actividades do CRF de conservación e documentación de coleccións de xermoplasma vexetal” (2800 mostras de sementes conservadas), “Contrato de transferencia de material e licenza de explotación da variedade vexetal faba Galaica entre a Axencia Estatal CSIC e Terras da Mariña Galega” e “Acordo de colaboración para o desenvolvemento de accións e proxectos de innovación sobre cultivos de calidade para consumo humano”.

Ademais traballou en Bioloxía de Agrtosistemas: interaccións planta-medio ambiente, Biodiversidade e recursos fitoxenéticos de Leguminosas e outras especies cultivadas, Phaseolus vulgaris como planta modelo para estudos de xenética, e evolución, Xenética e mellora de Leguminosas e outras especies cultivadas.

Coordinou de proxectos internacionais, nacionais e de I+D no campo da xenética e mellora vexetal.

Publicacións

Estudio de la influencia de un parque de maderas en la propagación de plagas forestales (1978). Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. ISBN 84-500-2840-X. Sobre la ciencia: ensaios (1983). Ed. de autor. ISBN 84-300-8804-0. El medio ambiente. Manual para profesores (1986). Con José Luís Álvarez. Celulosas de Pontevedra. ISBN 84-398-6959-2. Estudio genético y taxonómico de las poblaciones gallegas de maíz (Zea mays L.) (1987). Resume da tese de doutoramento. Santiago de Compostela. ISBN  84-404-0287-2. Tendencias actuales en genética (1996). Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 8481214345. Exercicios prácticos de ciencias da natureza (Bioloxía e Xeoloxía) para o ensino secundario (1998). Tórculo. ISBN 8484080048. Geología y biología: volumen práctico : oposiciones al Cuerpo de Profesores de Enseñanza Secundaria (2004). MAD. ISBN 8466539786.

É autor de artigos científicos en revistas de impacto e internacionais de investigación con índice de impacto, e de ducias de artigos en medios de comunicación. Dirixiu 15 teses de doutoramento.

Recoñecementos

1975: "Colexial Distinguido" no Colexio Maior San Clemente, Universidade de Santiago de Compostela. 1981: Premio "Cidade de Pontevedra - Valores Científicos". 1999: Premio "Cidade de Córdoba de Ciencias Hortícolas". 2003: Medalla de Bronce do Consello Superior de Investigacións Científicas. Vigo. 2010: Premio “Amigos de Pontevedra”, como catedrático e investigador. 2014: Pontevedrés do Ano en Investigación, Ciencia e Universidade. 2018: Socio de Honor da Asociación Española de Leguminosas. Córdoba. 2023: A Bean Improvement Cooperative (BIC) distinguiuno como  Meritorius Service Award polo seu labor na Misión Biolóxica de Galicia.

Notas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria