Os estríldidos (Estrildidae) forman unha familia de pequenos paseriformes dos trópicos do Vello Mundo e Australasia. Poden clasificarse como familia (Estrildidade) ou como subfamilia dentro da familia Passeridae, que estritamente definida comprende os pardais do Vello Mundo. En Galicia vive a especie Estrilda astrild (bico de lacre onduladoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.), que é unha especie introducida.
Son comedores de sementes gregarios e a miúdo coloniais con peteiros curtos e grosos pero bicudos. Son todos similares en estrutura e hábitos, mais varían amplamente en cores e padróns da plumaxe.
Todos os estríldidos constrúen niños cupuliformes grandes e poñen de cinco a dez ovos brancos. Algúns dos Lagonosticta e Ptylia son hóspedes de paxaros de crianza parasita da familia Viduidae.
A maioría son sensibles ao frío e necesitan hábitats cálidos, xeralmente tropicais, aínda que uns poucos, como o Lonchura monticola, Oreostruthus fuliginosus e Neochmia temporalis, e os do xénero Stagonopleura, adoptaron os climas fríos do sur de Australia e as terras altas de Nova Guinea.
A especie máis pequena da familia é Nesocharis shelleyi de só 8,3 cm, aínda que a especie de menos peso é Estrilda troglodytes de 6 g. A especie máis grande é Padda oryzivora, de 17 cm e 25 g de peso.
Lista de especies Xénero Parmoptila Parmoptila rubrifrons Parmoptila jamesoni – adoita incluírse en P. rubrifrons Parmoptila woodhousei Xénero Nigrita Nigrita fusconota Nigrita bicolor Nigrita luteifrons Nigrita canicapilla Xénero Nesocharis Nesocharis ansorgei Nesocharis shelleyi Nesocharis capistrata Xénero Pytilia Pytilia afra Pytilia phoenicoptera Pytilia lineata Pytilia melba Pytilia hypogrammica Xénero Cryptospiza Cryptospiza reichenovii Cryptospiza salvadorii Cryptospiza jacksoni Cryptospiza shelleyi Xénero Pyrenestes Pyrenestes sanguineus Pyrenestes ostrinus Pyrenestes minor Xénero Spermophaga Spermophaga poliogenys Spermophaga haematina Spermophaga ruficapilla Xénero Mandingoa Mandingoa nitidula Xénero Clytospiza Clytospiza monteiri Xénero Hypargos Hypargos niveoguttatus Hypargos margaritatus Xénero Euschistospiza Euschistospiza dybowskii Euschistospiza cinereovinacea Xénero Lagonosticta Lagonosticta rufopicta Lagonosticta nitidula Lagonosticta senegala Lagonosticta rara Lagonosticta rubricata Lagonosticta landanae Lagonosticta rhodopareia Lagonosticta virata Lagonosticta sanguinodorsalis Lagonosticta larvata Lagonosticta umbrinodorsalis Xénero Uraeginthus Uraeginthus angolensis Uraeginthus bengalus Uraeginthus cyanocephalus Uraeginthus ianthinogaster Uraeginthus granatinus Xénero Coccopygia Coccopygia quartinia Coccopygia melanotis Xénero Estrilda Estrilda caerulescens Estrilda perreini Estrilda thomensis Estrilda paludicola Estrilda poliopareia Estrilda melpoda Estrilda rufibarba Estrilda rhodopyga Estrilda troglodytes Estrilda astrild Estrilda nigriloris Estrilda nonnula Estrilda atricapilla Estrilda kandti Estrilda erythronotos Estrilda charmosynaminiatura|Amandava amandava Xénero Amandava Amandava amandava Amandava formosa Amandava subflava Xénero Ortygospiza Ortygospiza gabonensis Ortygospiza atricollis Ortygospiza fuscocrissa Xénero Paludipasser Paludipasser locustella Xénero Emblema Emblema pictum Xénero Stagonopleura Stagonopleura bella Stagonopleura oculata Stagonopleura guttata Xénero Oreostruthus Oreostruthus fuliginosus Xénero Neochmia Neochmia temporalis Neochmia phaeton Neochmia ruficauda Neochmia modesta Xénero Taeniopygia Taeniopygia guttata Taeniopygia bichenovii Xénero Poephila Poephila personata Poephila acuticauda Poephila cincta Xénero Erythrura Erythrura hyperythra Erythrura prasina Erythrura viridifacies Erythrura tricolor Erythrura trichroa Erythrura coloria Erythrura papuana Erythrura psittacea Erythrura pealii Erythrura cyaneovirens Erythrura regia Erythrura kleinschmidti Erythrura gouldiae Xénero Euodice Euodice cantansminiatura|250px|Euodice malabarica Euodice malabarica Xénero Odontospiza Odontospiza caniceps Xénero Lonchura Lonchura nana Lonchura cucullata Lonchura bicolor Lonchura nigriceps Lonchura fringilloides Lonchura striata Lonchura leucogastroides Lonchura fuscans Lonchura molucca Lonchura kelaartiminiatura|250px|Lonchura punctulata Lonchura punctulata Lonchura leucogastra Lonchura tristissima Lonchura atricapilla Lonchura malacca Lonchura ferruginosa Lonchura pallidiventer miniatura|250px|Lonchura malacca Lonchura quinticolor Lonchura maja Lonchura pallida Lonchura grandis Lonchura vana Lonchura nevermanni Lonchura spectabilis Lonchura hunsteini Lonchura forbesi Lonchura nigerrima Lonchura flaviprymna Lonchura castaneothoraxminiatura|250px|Lonchura castaneothorax Lonchura stygia Lonchura teerinki Lonchura montana Lonchura monticola Lonchura melaena Lonchura oryzivora Lonchura fuscata Xénero Heteromunia Heteromunia pectoralis Xénero Amadina Amadina fasciata Amadina erythrocephala
Evolución
miniatura|350px|Orixe das especies de estríldidos
Estudouse a filoxeografía e posible orixe das especies de estríldidos. O seguinte esquema pode ser útil para representar unha orixe hipotética na India no último e máis forte erguemento do Himalaia (hai 16,5 millóns de anos), cando se estableceu o réxime de chuvias do monzón na India (ver figura). As conclusións deste estudo son: Os estríldidos son un grupo monofilético con politomías que empezaron a evolucionar na Mioceno medio (hai uns 16,5 millóns de anos) e comprende especies africanas, asiáticas e australianas. Este momento proposto coincide co momento en que comezou a radiación dos Fringillinae e tamén co maior erguemento do Himalaia e a meseta do Tíbet, desencadeado pola colisión máis forte da placa tectónica da India; isto estableceu o réxime de monzóns actual no sur de Asia e outros cambios climáticos drásticos, como un clima máis seco na meseta do Tíbet e os desertos da China. O grupo evolutivo máis antigo comprende aves africanas (Euodice cantans), asiáticas (Euodice malabarica) e australianas (Stagonopleura guttata); isto suxire que toda a radiación dos estríldidos puido orixinarse arredor da India.Arnaiz-Villena, A; Ruiz-del-Valle, V.; Gomez-Prieto, P.; Reguera, R.; Parga-Lozano, C; Serrano-Vela, J.I. (2009). "Estrildinae Finches (Aves, Passeriformes) from Africa, South Asia and Australia: a Molecular Phylogeographic Study"(PDF). The Open Ornithology Journal 2: 29-36. ().Sibley CG, Monroe BL (1990). Distribution and Taxonomy of Birds of the World. Yale University PressArnaiz-Villena, A; Gomez-Prieto, P.; Serna-Ayala; Ruiz-del-Valle, V. (2009). "Origen de los estríldidos ". miniatura|250px|Árbore filoxenética dos estríldidos O grupo africano Nesocharis agrúpase co xénero africano Estrilda. O Erythrura ou Chloebia gouldiae inclúese finalmente coas outras especies dentro do xénero Erythrura. O Padda ou Lonchura oryzivora é unha especie moi modificada do xénero Lonchura: maior que o resto das especies de Lonchura, e cun padron da cabeza bastante diferente e notorio. É endémico de Xava, Balí e as illas Bawean, aínda que hoxe poden verse aves escapadas da catividade noutras illas veciñas. Os Spermestes africanos, chamados nalgúns países munias, pertencen a un xénero completamente diferente doutras aves similares australianas e asiáticas, xeralmente tamén chamadas munias. O Neochmia temporalis australiano é moi similar ao Estrilda astrild africano (que tamén pode verse en Galicia), pero non están relacionados. As súas semellanzas (peteiro, cella marrón etc.) débense a evolución converxente, xa que as súas presións ambientais (clima, hábitat, alimentación) son similares.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Zipcode Zoo: Estrildidae Internet Bird Collection.com: vídeos, fotos e sons de Estrildidae Waxbill Finch Society.