miniatura|269x269px|Muller nepalesa de Darap, Sikkim, na India. Os sikkimeses son os habitantes do estado indio de Sikkim. A diversidade étnica de Sikkim está representada por 'Lho-Mon-Tsong-Tsum' que identifica a orixe de tres etnias diferenciadas dende o século XVII. O termo 'Lho' refírese ós bhutias (Lhopo) que migraron dende o sur do Tíbet, o termo 'Mon' refírese ós lepchas (Rong) que viven nos Himalaias orientais e o termo 'Tsong' refírese ós limbus (Tsong) outra tribo indíxena de Sikkim. Porén, os indios e nepaleses comezaron a asentarse en Sikkim dende o século XIX e despois comezou a aumentar a presenza de persoas da India continental.Sikkim: Geographical Perspectives By Maitreyee Choudhury, Mittal Publications, 1 de xaneiro de 2006, Ethnology

Tribos Tribos como os magar estiveron presentes en Sikkim dende a mesma época que os lepchas e son mencionados nos manuscritos do Maraxá Tashi Namgyal. A poboación actual componse dun 13% lepcha, un 16% bhutia e un 61% de sikkimeses nepaleses.Sikkim People - People of Sikkim, Sikkim People and Lifestyle, Sikkimese People

A teoría máis amplamente aceptada sobre a orixe do nome Sikkim é que é unha mestura de dúas verbas limbu: su, que quere dicir "novo" e khyim, que quere dicir "país" ou "fogar".

Notas

Categoría:Grupos étnicos do Nepal Categoría:Grupos étnicos da India