Lagopus lagopus, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como lagópodo común ou lagópodo escandinavo, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Lagopus.
Amplamente distribuída por Norteamérica e Eurasia, especialmente nos bosques de bidueiros e na tundra, comprende numerosas subespecies.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae,Lagopus lagopus (Linnaeus, 1758) no ITIS. páxina 159, co nome de Tetrao lagopus.Lagópodo Común. Lagopus lagopus (Linnaeus, 1758) en Avibase.
Etimoloxía Véxase a de Lagopus.
Sinónimos Tetrao lagopus Linnaeus, 1758 Lagopus albus Kerr (?) Lagopus medius Woldřich, 1893
Subespecies J. F. Clemens recoñece 19 subespecies de Lagopus lagopus (Indícanse as respectivas áreas de distribución):Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Ithaca, Nova York, NY, USA: Cornell University Press.
Lagopus lagopus scotica - Illas Británicas. Lagopus lagopus variegata - Costas de Noruega (illas fronte ao fiorde de Trondheim). Lagopus lagopus lagopus - Escandinavia e norte de Rusia. Lagopus lagopus rossica - Desde os Países Bálticos até o centro de Rusia. Lagopus lagopus birulai - Illas da Nova Siberia. Lagopus lagopus koreni - Siberia até Kamchatka. Lagopus lagopus kamtschatkensis - Kamchatka e illas Kuriles. Lagopus lagopus maior - Estepas do suroeste de Siberia e o norte de Kazakhstán. Lagopus lagopus brevirostris - Montañas de Altai e de Saian. Lagopus lagopus kozlowae - Oeste de Mongolia (montes Tanmu-Ola, Khangai e Kentei). Lagopus lagopus sserebrowsky - Leste de Siberia (desde o lago Baikal ao mar de Okhotsk. Lagopus lagopus okadai - Illa de Sakhalin. Lagopus lagopus muriei - Leste das illas Aleutianas e illa Kodiak. Lagopus lagopus alexandrae - Península de Alasca, ao noroeste da Columbia Británica. Lagopus lagopus alascensis - Alasca. Lagopus lagopus leucoptera - Illas árticas do norte do Canadá e zonas adxacentes do sur da illa de Baffin. Lagopus lagopus alba - Tundra do norte de Yukón e centro da Columbia Británica, até ao golfo de San Lourenzo. Lagopus lagopus ungavus - Norte do Quebec e norte da península do Labrador. Lagopus lagopus alleni - Terra Nova.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos Fasiánidos Tetraoninos Lagopus Camuflaxe para a neve
Categoría:Fasiánidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Aves de Eurasia Categoría:Aves de América do Norte