Trote é un filme galego de 2018 dirixido por Xacio Baño, sendo a súa primeira longametraxe. O filme conta o rol da muller como coidadora que non atopa o xeito de saír dun ambiente opresivo.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Locarno o 8 de agosto de 2018.

Sinopse A acción transcorre durante a fin de semana da rapa das bestas, mentres a aldea comeza a preparar os festexos. Carme é unha muller da aldea que vive a carón do seu pai, Ramón, e da súa nai doente. A comunicación co seu pai é case inexistente. O seu traballo, nunha panadaría, e a súa vida nun ambiente afogador fan que medre a necesidade de fuxir, mais as súas circunstancias nunca llo permitiron. Por outra banda, o seu irmán máis vello Luís volve a casa por uns días na compaña da súa parella María.

Personaxes María Vázquez como Carme Celso Bugallo como Ramón Tamara Canosa como María Diego Anido como Luís Melania Cruz como Marta Federico Pérez como Fran Susana Dans como Lola Tatán como Celso Lois Soaxe como Home líder Alfredo Rodríguez como Ferrador Celso Parada como Marmoreiro

Galardóns e nomeamentos Recibiu 14 nomeamentos en 13 categorías nos Premios Mestre Mateo de 2018, gañando finalmente cinco. 202017ª edición dos Premios Mestre MateoMellor filmeXacio BañoNomeadoMellor directorXacio BañoNomeadoMellor actrizMaría Vázquez GañadoraMellor actor secundarioFederico PérezGañadorMellor actor secundarioCelso BugalloNomeadoMellor actriz secundariaMelania CruzGañadoraMellor guiónXacio Baño e Diego AmeixeirasGañadoresMellor dirección de produciónXabier EirísNomeadoMellor dirección artísticaMaría LoloNomeadaMellor montaxeÁlvaro GagoNomeadoMellor sonMiguel SeixoNomeadoMellor fotografíaLucía Catoira PanGañadoraMellor maquixalle e peiteadoMarian SimónNomeadaMellor deseño de vestiarioRenata UzalNomeada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas

Páxina oficial en FridaFilms

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Xacio Baño Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia