O río Okavango é un longo río africano, que nace na meseta de Bié, en Angola, nunha zona bastante chuviosa, e que tras un percorrido duns 1.600 km penetra nunha conca endorreica, xa en Botswana, onde formou unha extensa rexión aluvial impropiamente denominada e coñecida en todo o mundo como o delta do Okavango. Como desemboca nunha zona cun clima moi árido, trátase dun río alóctono, como é o caso do río Nilo, en Exipto, ou o río Níxer en Malí. A súa conca drena unha superficie de 721.277 km².

Clima alt=|esquerda|miniatura|Río Okavango dende o espazo (fotografía da NASA). A estación das choivas no delta cadra coa de Angola, que ten lugar entre outubro e abril e produce a crecida do río Okavango, que empeza a notarse en decembro e tarda nove meses en completarse debido á escasa pendente do río, uns 60 m en 450 km. As choivas son máis abundantes no norte e menores no sur, onde o río se interna no deserto do Kalahari.

Na cidade de Maun, a porta sur do delta do Okavango, o contraste entre o día e a noite é moi grande no inverno, cunha media das mínimas de 6 °C e unha media das máximas de 23 °C. Non son raras as xeadas durante as ondas de frío. No verán, a calor é moi forte pero pola noite segue refrescando, cunha media das mínimas de 19 °C en novembro e decembro e unha media das máximas de 35 °C en outubro, antes das choivas. A humidade mantense entre o 55 e o 70%.

As choivas son nulas en xullo, agosto e setembro e practicamente nulas en maio e xuño, con 5 e 3 mm de media. En outubro, a media é de 23 mm; en novembro, de 56 mm; en decembro, de 86 mm; en xaneiro, o mes máis húmido, de 107 mm; en febreiro, de 71 mm; en marzo, de 71 mm, e en abril, de 18 mm; logo acábanse, pero as augas seguen subindo moitas veces até xullo.

Véxase tamén

Ligazóns externas Okavango River: the Flow of a Lifeline Safari in the Delta Map of the Okavango River basin at Water Resources eAtlas

Categoría:Ríos de Angola Categoría:Ríos de Botswana Categoría:Ríos de Namibia