miniatura|Henry Cohen (1806-1880), un dos numismáticos franceses máis salientables miniatura|Unha numismática observa as moedas dunha colección Un numismático é un especialista en numismática, a disciplina relacionada co mundo da moeda, ben desde a perspectiva do coleccionismo ou ben desde os puntos de vista comercial ou académico e de investigación."Numismático" no DRAG, no Portal das Palabras e en Aínda que o termo se fixou durante a primeira metade do século XIX, o comercio, o estudo e a colección de moedas víñase producindo xa desde épocas moi anteriores.
En España instituíuse santo Eloi como patrón dos numismáticos."San Eloy, patrón de los numismáticos". Ruiz Calleja. Blog numismático.
Intereses do numismático
Coleccionismo
O coleccionista de moedas móvese principalmente motivado pola propia satisfacción de reunir pezas do seu interese e clasificalas. Na maioría dos casos, os coleccionistas limitan a isto a súa afección, aínda que noutras ocasións estudan e investigan de xeito privado acerca da súa colección, mesmo ata o punto de se converteren en autoridades no coñecemento de determinados aspectos da numismática.Acosta Nieto, I. (2008). "Coleccionismo numismático en España en el siglo XIX". En Galende Díaz J.; De Santiago Fernández, J. VI Jornadas Científicas Sobre Documentación Borbónica en España y América (1700-1868). Universidad Complutense de Madrid. Páxinas 9-42.
Nun destes casos pódese falar de Leandre Villaronga, un industrial catalán, gran coleccionista de moedas antigas da Península Ibérica e que, dun xeito autodidacta, chegou a ser autor dunha gran cantidade de traballos sobre ese tema que, nalgúns casos, supoñen unha referencia para o seu estudo.
Na situación contraria pódese salientar o caso do rei Faruq de Exipto, coñecido como un ávido coleccionista, aínda que amosou un interese nulo polo coñecemento numismático.Lester, C.N. "Numismatic "Gumshoe:" On the Trail of King Farouk". Gold Rush Gallery, INC.
Comercio Unha orientación diferente é a do numismático que exerce como comeciante de moedas para colección. É frecuente referirse a estas persoas como "numismáticos profesionais" e, en moitos casos, ademais de se dedicaren á compra e a venda de moedas e coleccións, levan a cabo tamén labores de autenticación e valoración, en función de parámetros como a rareza das pezas e o seu estado de conservación. Na súa condición de expertos en moedas, en ocasións exercen como asesores de historiadores, conservadores de museos, arqueólogos e outros estudosos relacionados dunha maneira ou doutra coa moeda."Orígenes del comercio numismático español". En El Maravedí.Vico Belmonte, A. (2015). "El mercado numismático español en la actualidad ". En Cuadernos de Investigación. Nº 32. Páxinas 179-196. ISSN 0210-6272
É frecuente que os comerciantes numismáticos se agrupen en asociacións profesionais en cada país, como é o caso da Asociación Española de Profesionales Numismáticos, que, a nivel internacional, se unen na Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (AINP).Sitio web da AINP.
Estudo e investigación miniatura|Carmen Alfaro Asins (1952-2005), numismática española do Museo Arqueolóxico Nacional Un xeito diferente de entender a figura do numismático é o do intelectual que se dedica institucionalmente ao estudo da moeda e á investigación sobre a súa circulación, o seu contexto histórico e outros aspectos relacionados con ela. Cómpre ter en conta, neste sentido, que as moedas son un vehículo especialmente relevante para a datación de acontecementos históricos e para o estudo de aspectos como a economía das sociedades, particularmente nas civilizacións antigas. Pódese dicir que esta vertente comezou coa publicación, en 1514, do primeiro libro de numismática, un tratado sobre moeda romana titulado De Asse et Partibus Eius, escrito por Guillaume Budé.
No mundo actual, o máis habitual é que estes numismáticos traballen en gabinetes e coleccións públicas (como o Gabinete de Medallas de París ou o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, en Londres), en cátedras ou departamentos universitarios (como é o caso de Acuña Castroviejo na Universidade de Santiago ou Pere Pau Ripollés na de Valencia) ou, menos frecuentemente, de xeito autónomo (por exemplo, Leandre Villaronga).
Formación dos numismáticos Non son moi numerosas as institucións académicas no mundo dedicadas á formación regrada de numismáticos. Algunhas ofrecen esta disciplina como parte de titulacións en estudos clásicos, historia antiga, historia ou arqueoloxía. Os numismáticos con perspectiva académica, xa que logo, especialízanse nesta área particularmente no nivel de posgrao, con mestrados e doutoramentos, nos que a capacitación reside máis na investigación. Como resultado desta situación, a maioría dos numismáticos académicos abordan a numismática desde a óptica doutra disciplina, como a historiografía, a arqueoloxía, as linguas antigas, a economía ou a metalografía.Ramírez Sánzchez, M. (2003). "La docencia universitaria de la epigrafía y la numismática en los nuevos títulos de grado en Historia". En Documenta & Instrumenta. Nº 11.Páxinas 171-191. ISSN 1697-4328.
Recoñecementos a numismáticos miniatura|160px|Emblema da Royal Numismatic Society, que concede diversos premios a numismáticos destacados As principais entidades académicas e asociativas de catacter científico outorgan premios de diversos tipos ao labor dos numismáticos máis destacados, que en ocasións levan aparelladas bolsas de estudos ou o financiamento de publicacións científicas sobre diversios temas relacionados coa disciplina. Entre os recoñecementos máis valorados internacionalmente están os seguintes:
Royal Numismatic Society, de Londres:Sitio web da RNS. Medalla da RNS."The Society’s Medal". No sitio web da RNS. Premio Lhotka."The Lhotka Memorial Prize". No sitio web da RNS. Premio Parkes Weber."The Parkes Weber Prize". No sitio web da RNS. British Numismatic Society, de Londres:Sitio web da BNS. Medalla Sanford Saltus."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society. Societé française de Numismatique:Sitio web da SFN. Jeton de Vermeil."Jeton de vermeil de la SFN". No sitio web da SFN. Premio Babut."Prix Babut". No sitio web da SFN. Société Royale de numismatique de Belgique:Sitio web da SRNB. Premio da SRNB."Règlement pour participer au prix quadriennal de la Société". No sitio web da SRNB. Premio Humbertus Goltzius."Règlement pour participer au Prix triennal "Hubertus Goltzius" de la Société". No sitio web da SRNB. American Numismatic Society:Sitio web da ANS . Medalla Huntington."Awards Given by the American Numismatic Society ". No sitio web da ANS. Medalla Saltus."Recipients of the Saltus Medal Award ". No sitio web da ANS. Academia Británica:Sitio web da British Academy. Premio Derek Allen."Derek Allen Prize". No sitio web da British Academy. Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais: Medalla de honra da AINP."History ". No sitio web de IAPN-AINP. Premio literario da AINP."IAPN-Book Prize ". No sitio web de IAPN-AINP. Asociación Numismática Española:Sitio web da ANE. Premio Excelente ao Mérito Numismático. Premio Javier Conde Garriga.
Numismáticos galegos miniatura|José Viqueira Barrio (1890-1970), coleccionista numismático galego Esta é unha listaxe dalgúns dos numismáticos galegos máis salientables, tanto desde a perspectiva académica como desde a comercial ou a de coleccionismo:
Acuña Castroviejo, Fernando (1945-2016). Foi catedrático de Arqueoloxía na USC e profesor de Historia da Moeda e de Epigrafía e Numismática."A historia numismática galega, a debate na USC ". En El Correo Gallego. 5 de maio de 2010. Bello Platas, Ana Isabel (1976). Doutora en Historia pola USC, autora do libro A ceca de Xuvia (Ed. Embora. ISBN 978-84-95460-55-4), publicado en 2006."Ana Isabel Bello Plata ". En Archivoz. 2017. ISSN: 2659-2711 Blanco Freijeiro, Antonio (1923-1991). Arqueólogo galego formado na USC e que foi catedrático de catedrático de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática na Universidade de Sevilla. Blanco-Cicerón, Ricardo (1844-1926). Avogado tudense residente en Santiago que reuniu unha importante colección numismática, depositada, tras a súa morte, no Museo de Pontevedra.Acuña Castroviejo, F. (2013). "O coleccionismo en Galicia entre finais do século XIX e principios do XX: Ricardo Blanco-Cicerón e o seu legado. Discurso de ingreso na Real Academia de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario. 30 de novembro de 2013". MPG. Santiago de Compostela. Fariña Busto, Francisco (1949). Arqueólogo galego autor, entre outras, de Estudios de Numismática Romana (1973) e de Monedas de un tesorillo del siglo IV d.C. hallado en Lugo (1974)."Fariña Busto, Francisco". En WorldCat Identities. Macías, Marcelo (1843-1941). Aínda que nado en Astorga, considérase un arqueólogo e numismático galego, gran coleccionista e coñecedor das moedas, considerado unha referencia na súa época.Rodríguez García, P. "Marcelo Macías e a Numismática". En VV.AA. (2018). Marcelo Macías. 175 Aniversario . Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. ISBN 978-84-453-5306-6. Páxina 55. Naya Pérez, Juan (1914-1993). Xornalista e escritor galego, formado como autodidacta en paleografía, epigrafía, heráldica e numismática, discípulo de Vaamonde Lores. Orol Pernas, Antonio. Coleccionista e estudoso de moeda galega medieval. Autor de numerosos artigos entre os que destaca "Numismática gallega", en Nvmisma, Nº 162-164 (1980). A súa obra máis representativa, de 1982, é Acuñaciones de Alfonso IX (Ed Vico. Madrid. ISBN 9788485711031). Paz Bernardo, Jaime (1944-2005). Comerciante numismático galego establecido en Barcelona, especializado en moeda galega. Fundador do Museo Numismático de Lobios. Entre as súas publicacións destaca o catálogo especializado de 2002 Moedas galegas: moedas, medallas, billetes do século IX a.C. ó século XXI d.C. (ISBN 978-84-607-6330-7). Pita Fernández, Ricardo Luís (1966). Filólogo galego que publicou en 1996 A Real Casa da Moeda de Xubia. Breve historia e catálogo das súas cuñacións (ISBN 9788489641372), e en 1999 Numismática galega: a moeda en Galicia e Galicia na moeda (ISBN 978-84-605-9958-6).Datos biográficos do autor na lapela da portada do libro de 1999: [...] licenciado en filoloxía Galega e Portuguesa pola Universidade de Santiago. [...] Participou como conferenciante [...] nas I Xornadas de Numismática do Círculo Filatélico-Numismático Sant-Yago [...] que actualmente preside. [...] É colaborador habitual en diversas revisas, como a madrileña Crónica Numismática. Vaamonde Lores, César (1867-1942). Historiador galego, autor de numerosos artigos sobre numismática, entre eles "De monetaria Gallega: fundación de la fábrica de moneda de Jubia y noticia de sus acuñaciones, precedida de un breve recuento de otras zecas de Galicia", publicado no Boletín da RAG entre 1934 e 1936 (tomo XXII) e que quedou inconcluso.Consulta de artigos do autor no arquivo dixitalizado da RAG. Viqueira Barrio, José (1890-1970). Médico galego que conformou unha nutrida colección numismática, que lle foi vendida á Universidade de Santiago de Compostela en 1934.Linares, M.; Alegre, S. (2015). "Nota breve sobre una colección inédita en la Universidad de Santiago". En Boletín Informativo de Amigos de la Egiptología. Nº 78. Páxina 32. ISSN 2013-7540
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Coleccionismo de moedas Lista de asociacións numismáticas Lista de museos numismáticos
Categoría:Numismáticos