Nikolai Konstantinovich Rerikh (), tamén coñecido como Nikolai Roerich e Nicholas Roerich, nado en San Petersburgo o 9 de outubro de 1874 e finado en Naggar (India) o 13 de decembro de 1947, foi un pintor, escritor, arqueólogo, teósofo e filósofo ruso, que na súa mocidade foi influído por un movemento na sociedade rusa arredor do espiritual. Interesouse pola hipnose e outras prácticas espirituais e dise que as súas pintoras teñen expresións hiptónicas.Nicholas Roerich: In Search of Shambala by Victoria Klimentieva, стр. 31

Fillo dun notario público de orixe báltica xermana e de nai rusa,Andrei Znamenski, Red Shambhala: Magic, Prophecy, and Geopolitics in the Heart of Asia, Quest Books (2011), p. 157 viviu en varios lugares do mundo ata a súa morte en Naggar, Himachal Pradesh, India. Formouse como artista e avogado, mais os seus principais intereses foron a literatura, a filosofía, a arqueoloxía e especialmente a arte. Roerich foi un activista na causa da conservación da arte e da arquitectura en tempos de guerra e foi candidato en varias ocasións ao premio Nobel da Paz.Nobel Prize Nomination Database O pacto Roerich foi convertido en lei polos Estados Unidos e moitas outras nacións da Unión Panamericana en abril de 1935.

Legado cultural miniatura|300px|esquerda|Altai. Picos e pasos en honra da familia Roerich. O vicepresidente dos Estados Unidos Henry A. Wallace foi un seguidor e defensor das ensinanzas de Roerich. Wallace foi atraído pola idea da Unión Sagrada do Leste, unha utopía espiritual e xeopolítica que Nikolai e Helena Roerich comtemplaban establecer no corazón de Asia. Baseada en ideas espirituais que os Roerichs dicían que recibiran de mestres doutros mundos, esta utopía mostraba á humanidade un proxecto de sociedade ideal. Como secretario de estado de agricultura, Wallace interesouse no proxecto e decidiu patrocinar a segunda expedición de Roerich a Asia en 1933–1934. Mentres tanto, Helena Roerich carteábasse co presidente Franklin D. Roosevelt, que estaba intrigado polas súas "exaltadas cartas". O proxecto acabou de forma desastrosa e resultou en enérxicos esforzos por Wallace e Roosevelt para cortar as súas ligazóns cos Roerich. O incidente reapareceu en parte máis adiante e provocou controversia cando Wallace se postulou como presidente en 1948 e se publicaron parte da correspondencia por parte do columnista Westbrook Pegler, que foron coñecidas como Guru Letters ("Cartas do gurú").. miniatura|250px|Planeta menor 4426 Roerich no Sistema Solar O museo Nikolai Roerich de Nova York é a principal institución para a obra artística de Roerich. Numerosas sociedades continúan a promover as súas ensinanzas teosóficas en todo o mundo. As súas pinturas poden verse en varios museos, incluído o departamento Roerich do Museo Estatal de Artes Orientais de Moscova, o museo Roerich no Centro Internacional dos Roerich na mesma cidade, o Museo Estatal Ruso en San Petersburgo, coleccións na galería Tretyakov de Moscova, no Museo de Arte de Novosibirsk, na Galería Nacional de Arte Estranxeira de Sofía, Bulgaria, no Museo de Arte de Nizhny Novgorod, no Museo Nacional de Serbia, no Roerich Hall Estate de Naggar ou na Sree Chitra Art Gallery de Thiruvananthapuram,. ademais doutros museos de arte da India e no Museo Nacional de Arte de Letonia. A biografía de Roerich e as súas controvertidas expedicións ao Tíbet e Manchuria foron examinadas por numerosos autores, incluíndo os rusos Vladimir Rosov e Alexandre Andreyev, o estadounidense Andrei Znamenski e o alemán Ernst von Waldenfels.Nicholas Roerich: the Messenger of Zvenigorod (vol. 1: The Great Plan, vol. 2: The New Country) (2002–2004) [resumo dos libros en inglés en ]; Alexandre Andreyev, Gimalaiski mif i ego tvotry [Himalayan Myth and its Makers] (St. Petersburg: St. Petersburg University Press, 2004) ]; Andrei Znamenski, Red Shambhala: Magic, Prophesy, and Geopolitics in the Heart of Asia (Quest Books, 2011) fragmento; Ernst von Waldenfels, Nicholas Roerich: Kunst, Macht und Okkultismus (Osburg, 2011) H.P. Lovecraft refírese moitas veces ás "estrañas e perturbadoras pinturas de Nikolai Roerich" no seu relato de terror Nas montañas da loucura. O planeta menor 4426 Roerich foi nomeado por Roerich. En xuño de 2013, durante a semana de arte ruso en Londres, a Madonna Laboris de Roerich foi vendidad nunha poxa na tenda de Bonhams por 7 881 250 de libras, facéndoa a obra de arte rusa máis cara vendida nunha poxa.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas International Centre of the Roerichs International Roerich Memorial Trust (India) Nicholas Roerich Museum (Nova York) Estonian Roerich Society Roerich-movement on the Internet (in Russian) Paintings Gallery Nicholas Roerich Estate Museum in Izvara Roerich Family Find A Grave Catalogue of Nicholas Roerich`s works from the collection of Gorlovka Art Museum Nicholas Roerich Papers, J Murrey Atkins Library, UNC Charlotte Nicholas Roerich Lexicon

Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Pintores de Rusia Categoría:Pintores do século XX Categoría:Escritores de Rusia