O rukai é unha lingua formosana falada polo pobo rukai de Taiwán. É membro da familia de linguas austronesias. A lingua rukai abrangue seis dialectos, que son o budai, o labuan, o maga, o mantauran, o tanan e o tona. O número de falantes dos seis dialectos de rukai dialects estímase en arredor de 10 000. Algúns dos falantes son monolingües. Existen diferentes graos de intelixibilidade mutua entre os dialectos de rukai. O rukai salienta entre as linguas formosanas polo seu distintivo sistema de voz gramatical. O rukai está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Elizabeth Zeitoun. 2007. A grammar of Mantauran (Rukai). Taipei: Institute of Linguistics, Academia Sinica. Language and Linguistics Monograph Series A4-2. xviii + 551 pp. .
Ligazóns externas Sociolinguistic Survey Report For The Tona Aan Maga Dialects Of The Rukai Language
Categoría:Linguas formosanas Categoría:Linguas de Taiwán