Buda (en alemán: Ofen, en croata: Budim, en serbio: Будим) é a parte occidental da capital de Hungría, Budapest. Está situada na beira dereita do río Danubio, que a separa de Pest, a beira esquerda da cidade. Disque o nome de Buda ven do seu fundador, Buda ou Budda, aínda que é máis probable que derive dunha palabra locar que significa "auga", pode que como referencia ao río Danubio. Buda abrangue un terzo do territorio de Budapest e é na súa maior parte boscoso e montañoso. Asóciase normalmente cun nivel alto de vida, aínda que depende da zona.
Patrimonio
Castelo real de Buda en estilo baroco Igrexa Matías de Buda, un símbolo de Hungría Museo de Historia Militar (Hadtörténeti Múzeum) Galería Nacional de Arte Bastión dos Pescadores, chamado así porque foi construído polos pescadores da cidade Funicular (Budavári Sikló)
Historia Buda foi a capital de Hungría desde o ano 1361 ata a súa captura polos otománs en 1541. A nova capital pasou a ser Pressburg, o nome alemán da actual capital de Eslovaquia, Bratislava. En 1656 Buda foi capturada desta vez por Austria, pero debido á súa devastación pola guerra, numerosos alemáns foron levados para axudar a reconstruír a cidade. Buda foi declarada cidade libre en 1703 e volveu ser a capital de Hungría en 1784. Buda uniuse coas cidades de Óbuda e Pest en 1873 para formar a actual Budapest.
Categoría:Cidades de Hungría