O voo 3591 de Atlas Air era un voo regular de carga doméstico operado para Amazon Air entre o aeroporto de Miami e o aeroporto intercontinental George Bush en Houston. O 23 de febreiro de 2019 o Boeing 767-375(ER)(BCF) que operaba a ruta esnafrouse en Trinity Bay durante a aproximación a Houston, matando aos dous tripulantes e a un pasaxeiro a bordo. O accidente ocorreu preto de Anahuac, Texas, ao leste de Houston, pouco antes das 12:45 CST (18:45 UTC). Os restos atopáronse nas augas pouco profundas de Trinity Bay.

Avión O Boeing 767-375ER (MSN 25865/430) tiña o rexistro N1217A e case 27 anos de idade no momento do accidente, sendo construído en 1992. Fora pedido orixinalmente por Canadian Airlines, pero comezou a operar con China Southern Airlines a través de GPA, unha compañía de alugamento de avións. En 1997 foi transferido a LAN Airlines onde voou durante 19 anos antes de ser almacenado en xaneiro de 2016. Foi convertido en cargueiro en abril de 2017, e posto en servizo para Amazon Prime Air por Atlas Air. En agosto de 2018 Amazon bautizou dous avións co nome CustomAir Obsession, incluído o N1217A. O nome, pintado xusto detrás das fiestras da cabina de mando, facía referencia a "customer obsession", un dos principios de Amazon. O aparello acumulaba máis de 90 000 horas de voo en 23 000 ciclos e estaba equipado con dous motores GE CF6-80.

Notas

Categoría:Accidentes aéreos nos Estados Unidos de América Categoría:Accidentes e incidentes de Atlas Air Categoría:Accidentes e incidentes de Boeing 767 Atlas Air