Tympanuchus cupido é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Tympanuchus.
Endémica dos Estados Unidos, en tempos foi unha vez abundante, pero hoxe en día volveuse extremadamente rara ou extinta na maior parte da súa área de distribución orixinaria debido á perda do seu hábitat.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae,Tympanuchus cupido (Linnaeus, 1758) no ITIS. na súa páxina 160, baixo o nome de Tetrao cupido.páx. 160 do Systema Naturae.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Tympanuchus.
O epíteto específico, cupido, vén do latín cupido, -inis, 'desexo', tirado de Cupido, deus do amor, ou talvez do adxectivo latino cupidus, -a, -um, 'desexoso', 'apasixoado'.Gran gallo de las praderas. Tympanuchus cupido segundo o Diccionario etimológico de Pedro Romero. En animalandia.
Sinónimo Tetrao cupido Linnaeus, 1758.
Subespecies A maioría dos autores recoñecen nesta especie as tres subespecies seguintes:Gallo de las Praderas Grande. Tympanuchus cupido (Linnaeus, 1758) en Avibase.
Tympanuchus cupido attwateri Bendire, 1893 Tympanuchus cupido cupido (Linnaeus, 1758) Tympanuchus cupido pinnatus (Brewster, 1885)
Distribución e hábitat A súa área de distribución encóntrase principalmente nas praderías do Medio Oeste dos Estados Unidos. A distribución desta especie reduciuse enormemente desde a colonización do territorio norteamericano, principalmente debido á conversión do seu hábitat en terras agrícolas.
Os machos permanecen nos seus lugares de cortexo en inverno, e as femias migran cara ao sur.
Hoxe en día sobrevive só nos estados de Nebraska, Oklahoma e Dakota do Sur. Unha poboación moi pequena ocupa o sueste de Texas, pero a supervivencia desta poboación non está asegurada.
Costumes Un dos aspectos máis famosos dos costumes destas aves é o ritual de apareamento de tipo lek, agrupación de macho adultos que se xuntan para faceren exibicións competitivas con vistas a convenceren ás femias visitantes que están á procura de posíbeis compañeiros para a copulación.Fiske, P.; Rintamaki, P. T. & Karvonen, E. (1088): "Mating success in lekking males: a meta-analysis". Behavioral Ecology 9: 328–338.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1. Robb, L. A. & Schroeder, M. A. (2005): "Greater Prairie-chicken Tympanuchus cupido: A Technical Conservation Assessmen". USDA Forest Service, Rocky Mountain Region.
Outros artigos Fasiánidos Tetraoninos Tympanuchus
Ligazóns externas Tympanuchus cupido na ADW. Tympanuchus cupido na EOL.
Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves dos Estados Unidos de América Categoría:Animais descritos en 1781 Categoría:Taxons descritos por Linné