Medida por medida (en ) é unha obra de teatro de William Shakespeare, que se cre foi escrita en 1603 ou 1604. Orixinalmente publicada en First Folio de 1623, onde foi clasificada como unha comedia, a primeira representación da obra produciuse en 1604. Os principais temas da obra son a xustiza, a "mortalidad e a misericordia en Viena", e a dicotomía entre a corrupción e a pureza: "algúns álzanse polo pecado, e outros caen pola virtude". A misericordia e a virtude prevalecen, xa que a obra non remata traxicamente, coa compaixón e o perdón exercidos no remate da produción. Aínda que a obra se centra na xustiza en termos xerais, a escena final ilustra o que Shakespeare esperaba da xustiza moral respecto dunha xustiza civil estrita: algúns dos personaxes reciben comprensión e clemencia no canto dun castigo severo ó que, segundo a lei, poderían ter sido sentenciados. Medida por medida é chamada unha das "obras de problemas" de Shakespeare. Comtinúa a ser clasificada como unha comedia, aínda que unha escura, xa que o seu ton pode desafiar estas expectativas.
Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Edicións Laiovento no ano 2019.
Notas
Categoría:William Shakespeare Categoría:Obras literarias de 1604 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego