A broncoscopia é unha técnica de visualización das vías aéreas baixas usando un broncoscopio flexible ou ríxido, a cal pode ser utilizada con fins diagnósticos ou terapéuticos.
Esta técnica utilízase para o exame da vía aérea, entre outros fins, para o diagnóstico de procesos inflamatorios, infecciosos, tumorais, hemorráxicos e a localización de corpos estraños.
Historia O alemán Gustav Killian realizou a primeira broncoscopia en 1897. Killian usou un broncoscopio ríxido para extraer un óso de porco, realizando o procedemento baixo anestesia local con cocaína. Na década de 1920, Nathan Faux perfeccionou o broncoscopio, usando un tubo ríxido para visualizar a traquea e os bronquios principais. O xaponés Shigeto Ikeda inventou o broncoscopio flexible en 1966. Inicialmente empregaba filamentos de fibra óptica requirindo unha fonte de luz externa, tiña un diámetro exterior de aproximadamente 5 a 6 mm, cunha capacidade de flexionarse 180 graos e estenderse 120 graos, permitíndolle entrar nos bronquios lobares e segmentarios. Máis recentemente substituíronse estes dispositivos orixinais por broncoscopios equipados cun dispositivo de vídeo localizado no seu extremo distal.
Tipos
Existen dous tipos de broncoscopios: flexible (fibrobroncoscopia) e ríxido. A fibrobroncospia realízase xeralmente baixo anestesia local, co paciente desperto. A broncoscopia ríxida pode ser usada para a extracción de corpos estraños ou a colocación de stents; este procedemento realízase xeralmente baixo anestesia xeral.
Fins da broncoscopia Diagnóstica
Para observar anormalidades na vía aérea. Para obter mostras de tecido pulmonar en varias enfermidades, os cales poden obterse realizando unha biopsia, lavado broncoalveolar ou cepillado endobronquial. Para diagnosticar un paciente con hemorraxia pulmonar, sospeita de cáncer de pulmón, tose crónica e sarcoidose, entre outros.
Terapéutica
Para remover secrecións, sangue ou obxectos estraños aloxados na vía aérea. Resección por medio de láser, electrocirurxía ou crioterapia de tumores ou estenose de orixe benigna da traquea e bronquios. Inserción de stents co fin de aliviar a presión extrínseca ocasionada por procesos benignos ou malignos. A broncoscopia tamén se utiliza na traqueostomía percutánea. Intubación traqueal de pacientes con vía aérea difícil, usando un broncoscopio flexible.
Véxase tamén
Ligazóns externas Medical Encyclopedia - Bronchoscopy Aaron's Tracheostomy Page - Bronchoscopy
Categoría:Endoscopia Categoría:Aparato respiratorio