As rochas de Belogradchik (en , Belogradchishki skali) son un conxunto de formacións rochosas de arenito e conglomerado que se atopan na zona occidental dos Balcáns (Stara Planina), preto da vila de Belogradchik, no noroeste de Bulgaria. As rochas varían de cor dende o vermello até o amarelo e algunhas delas chegan até os 200 m de altitude. Algunhas das rochas teñen asociadas lendas por mor das súas orixinais formas. Adoitan levar os nomes dos obxectos ou das persoas ás que se parecen. As rochas de Belogradchik foron declaradas espazo natural polo goberno búlgaro e son un dos principais destinos turísticos da rexión. Son o único hábitar por unha especie de planta endémica de Bulgaria, Hieracium belogradcense, que está seriamente ameazada.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Richas de Belogradchik
Categoría:Formacións rochosas de Bulgaria