O canelé, canelat en gascón, é un biscoito caramelizado propio da repostaría de Bordeos."Canelé, orixe" . Un longo tempo de cocción aporta ao canelé unha cor marrón escurecida e un exterior crocante."Canelé, cocción"
Ingredientes Cunha receita a base de fariña, azucre, manteiga e ovos, será despois cada mestra ou mestre reposteiro/a a que lle acabará dando o seu toque persoal con outros ingredientes, existindo as versións con ou sen ron ou vainilla. A decoración da forma do corpo do canelé é sempre tubular."Canelé,versións"
miniatura|Canelés cociñados en Melide, á esquerda Orixes e tradicións O doce data cunha idade de aproximadamente 300 anos e con rexistros variados sobre o comezo da súa preparación no sur de Francia. Chefs como Jean-Marie Amat documentan o canelé como unha continuación da sobremesa local máis antiga das millas preparada a base de xemas de ovo e fariña de millo. En suma, dúas versións populares apuntan a súa orixe, unha ás monxas do convento de Santa Eulalia que crearon o canelé aproveitando as xemas de ovo doadas polos viticultores que empregaban só as claras para clarificar o viño. A segunda indica aos habitantes dos vales do río Garona que reciclaban fariña que caía dos barcos mercantes e producían o doce que posteriormente se repartía gratuitamente na vila.
A autora Dorie Greenspan investiga a posibilidade común na cociña da descuberta da receita en base a un erro, similar á orixe do Tatin, xa que a apropiada crema esquecida ao lume resultaría nunha mestura cunha coroa natural que trisca ao xeito do moderno canelé."Canelé, historia"
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rico Crema de ovo
Ligazóns externas "Receita, Canelé"
Categoría:Bordeos Categoría:Gastronomía de Francia Categoría:Pratos de ovos