The Microphones é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Olympia, Washington, fundada en 1996 e disolta en 2003, cunha curta reunión en 2007 e rexurdimentos en 2019 e 2020. O grupo está liderado por Phil Elverum que sempre foi o principal compositor e produtor dos álbums da banda, pero tamén colaborou con outros músicos locais nas súas gravacións e xiras. A meirande parte das gravacións de Elverum do seu período inicial foron publicadas polo selo K Records.
Dende o ano 2003 Elverum grava e actúa baixo o nome de Mount Eerie. En xuño de 2019 realizou un único concerto en Anacortes, Washington, baixo o nome de The Microphones e anunciou o lanzamento dun novo álbum da banda, Microphones in 2020, en agosto de 2020.
Discografía ÁlbumAnoSeloDon't Wake Me Up1999K RecordsIt Was Hot, We Stayed in the Water2000K RecordsThe Glow Pt. 22001K RecordsMount Eerie2003K RecordsMicrophones in 20202020P. W. Elverum & Sun, Ltd.
Notas
Categoría:Grupos musicais de Olympia, Washington Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de indie folk Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais de música experimental Categoría:Grupos musicais formados en 1996