Sheer Mag é unha banda estadounidense de rock procedente de Filadelfia, Pensilvania, formada no ano 2014. Cunha mestura de rock dos 70 e ética punk, o grupo comezou a chamar a atención e editou tres EPs de 7 polgadas ata marzo de 2016. En xaneiro de 2015 a revista Rolling Stone listou a Sheer Mag como un dos "10 novos artistas que necesitas coñecer", describíndoos como "unha banda de punks cun amor non tan secreto polo rock clásico dos anos setenta". Catro dos cinco membros da banda foron á Universidade Estatal de Nova York en Purchase. En 2016 a banda participou no festival de Coachella e actuou no programa Late Night with Seth Myers. O 10 de maio de 2017 Sheer Mag publicou "Need To Feel Your Love", o primeiro tema do seu álbum de estrea, Need To Feel Your Love.
Discografía ÁlbumAnoSeloNeed to Feel Your Love 2017 Wilsuns Recording Company / Static Shock RecordsA Distant Call 2019 Wilsuns Recording CompanyPlaying Favorites 2024 Third Man Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Bandcamp do grupo
Categoría:Grupos musicais de Filadelfia, Pensilvania Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais formados en 2014