miniatura|300px|Entrada ao Museo Przewalski, en Karakol. Karakol (en kirguiz Каракол, boneca negra) é unha cidade de Kirguizistán, situada cerca do extremo oriental do lago Issyk-Kul, a uns 150 km da fronteira con China e a 380 km da capital, Bixkek.
Xeografía miniatura|250px|Localización de Karakol, na beira oriental do lago Issyk-Kul. miniatura|250px|A catedral ortodoxa rusa de Karakol. Situada a unha altitude de 1 690 msnm, ocupa unha superficie de 48,05 km2. No ano 2009 tiña unha poboación de 63 377 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 1 319 hab./km2.
A cidade é a capital administrativa da Rexión de Isiq-Köl.
Desde 1991, un distrito da cidade, a 12 km do centro, coñécese co nome de Pristan-Przewalsk (en ruso Пристань-Пржевальск),Pristan-Przhevalsk Consultada o 19 de marzo de 2019 na honra do xeógrafo, explorador e naturalista ruso Nikolai Przewalski, que faleceu alí o 1 de novembro de 1888.Nikolai Mikhailovich Przhevalskii Consultada o 19 de marzo de 2019.
Poboación O poboamento kirguiz da cidade resultou da colectivización das terras e da sedentarización dos nómades nos anos 1930, aínda que a poboación ruse está ben representada. Karakol conta así mesmo cunha numrosa comundidade dugane.Os duganes son un pobo chinés de relixión musulmá que vive como minoría en varios países da Asia Central; en 2009, a maior poboación, cerca de 60 000 individuos, vivía no Quirguistán.
Censos ou estimacións da poboación dan a seguinte evolución: Censos de 1959, 1970 e 1979 — Censos e estimacións da poboación desde 1979.
Historia Construída nunha rexión de poboamento antigo, con restos de varias aldeas medievais, algunhas delas absorbidas na cidade, que acolleran mosteiros cristiáns na Antigüidade e na Alta Idade Media, a cidade actual foi edificada polos rusos a partir do século XIX. A súa construción débese á decisión de colonizar a conca do Issyk Kul, tomada polo tsar Alexandre II,Guillaume de Dieuleveult, "La magie sauvage du Kirghizistan", Le Figaro Magazine, semana do 15 de setembro de 2017, páxinas 82-93. despois das expedicións de recoñecemento dirixidas polo militar e explorador ruso Nikolai Mikháilovich Przewalski quen, mentres preparaba unha expedición para chegar ao Tíbet, morreu o 20 de outubro (1 de novembro, segundo o calendario gregoriano) de 1888 en Karakol. A cidade foi poboada orixinalmente por labregos rusos.
Durante a Gran Guerra Patriótica (1941-1945), a cidade de Karakol recibiu un afluencia de refuxiados e evacuados chegados do oeste da URSS.
Como quedou dito, en 1991, un barrio de Karakol foi rebautizado como Pristan-Przewalsk.
Karakol é hoxe un mercado de alimentos e gando, e a sede da administración rexional, e conta cunha pequena universidade. A cidade vive en parte da súa proximidade á mina de ouro Koumtor, que emprega a moitos traballadores da localidade.
Economía A cidade é un dos tres piares, con Bixkek e Osh, do principal eixe económico do país, beneficiándose en particular de investimentos do estranxeiro.René Cagnat "Kirghizistan 2004" Le Courrier des Pays de l'Est, nº 1047, xaneiro-febreiro, 2005, páxinas 152-164.
Karakol é, por outra parte, un centro de produción de drogas, contando co laboratorios arteesanais.Sophie Hohmann: "Le narcotrafic en Asie central: enjeux géopolitiques et répercussions sociales" Revue internationale et stratégique, nº 64, ano 2006/4, páxinas 111-120.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nikolai Przewalski
Ligazóns externas History of Karakol .
Categoría:Cidades de Kirguizistán