Benito Paradela Nóvoa, nado en Poutás de Arriba (Amoeiro) o 22 de outubro de 1887 e finado en Madrid o 23 de outubro de 1936, foi un relixioso, historiador e arquiveiro galego.

Traxectoria Pasou a infancia xunto ao Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo nos Milagres do Medo (Vide, Baños de Molgas), da orde dos Padres Paúles. Alí estudou Latín e Humanidades, e o 29 de agosto de 1907 ingresou na Congregación da Misión.

Estudou Filosofía e Teoloxía en Madrid, e recibiu o presbiterado o 21 de setembro de 1916. Foi destinado como docente ao colexio de Limpias (Cantabria), onde deu clase de Historia da Literatura, Historia de España, Xeografía e Lexislación mercantil. Permaneceu alí até o seu traslado a Madrid en 1922 logo de que o seu superior Joaquín Atienza, solicitase que se fixese cargo do arquivo. Amais de organizar o arquivo e a biblioteca da casa provincial dos misioneiros paúles, procurou aumentala. A súa vocación de investigador e historiador levouno a París, Barcelona, Palma ou Valencia co fin de reunir material para escribir a historia da Congregación da Misión en España. Consérvanse copias manuscritas por el de documentación desaparecida durante a guerra civil española. En 1928 foi nomeado director da revista Anales de la Congregación de la Misión y de las Hijas de la Caridad.

O 23 de outubro de 1936 foi asasinado en Vallecas. En novembro de 2017 foi beatificado.

Obras Resumen histórico de la Congregación de la Misión en España desde 1704 a 1868 (Madrid: Hernández y Galo Sáez, 1923) Los Visitadores de la Congregación de la Misión y Directores de las Hijas de la Caridad en España Tomo I: Apuntes biográficos (Madrid: Huérfanos, 1928) Centenario de los PP. Paules en Madrid. Libro conmemorativo en el que se narra el crecimiento de los Misioneros y de las Hijas de la Caridad por ellos dirigidas (Madrid: Voluntad, 1928) El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros (apuntes históricos) (Madrid: Librería Puga, 1929) El P. Hilario Casabosca. Notas biográficas y extracto de algunas de sus cartas familiares (Madrid, 1929) Un gran pedagogo desconocido. Apuntes biográficos del P. Julián González de Soto (Madrid: Cleto Vallinas, 1930) Colección de documentos para la Historia de la Congregación en España. Tomo I (1702-1835) (Madrid, 1932) Notas biográficas de los que han pertenecido a la Congregación de la Misión en España. Tomo I (1695-1835) (Madrid: Cleto Vallinas, 1935) "El P. Feijóo. Sus ideas y su tiempo", en Vida Gallega "Apuntes para la historia del culto de la Virgen en España", en Anales de las Hijas de Madrid "España y la Inmaculada", en La Inmaculada de la Medalla Milagrosa

Colaborou tamén con artigos sobre documentos da igrexa e monumentos da provincia de Ourense no Archivo Histórico Nacional e no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Artísticos e Históricos de Orense, nº 175, 178, 212, 214, 216 e 226 (1927, 1928, 1933, 1934 e 1936).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1887 Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Finados en 1936 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Beatos de Galicia Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos