Michael Hewson Crawford, nado en Twickenham, no Gran Londres, o 7 de decembro de 1939, é un numismático e historiador británico especializado en Historia antiga."Professor Michael Crawford FBA". The British Academy.
O interese dos seus estudos céntrase na "economía antiga e a historia monetaria, a historia da Italia antiga e do dereito romano". Crawford é coñecido principalmente polas súas obras Roman Republic Coinage (1974), texto de referencia para o estudo das emisións monetarias da República de Roma, e Roman Statutes (1996), un corpus da lexislación aprobada polas asembleas do pobo romano."Emeritus staff: Professor Michael Crawford, FBA". University College London."Michael Crawford". Academia Europaea.
Traxectoria Crawford tivo a súa formación secundaria na escola pública londiniense St Paul's School e realizou os seus estudos universitarios na Universidade de Oxford (Oriel College) e na Escola Británica de Roma.
En 1964 foi elixido como bolseiro investigador na Universidade de Cambridge (Christ's College) e desde 1969 ata 1986 mantivo a súa vinculación con esa universidade, na área de Historia Antiga.
Durante ese período, no curso 1964-1965 foi tamén profesor visitante na Universidade de Princeton.
Entre 1986 e 2005 pasou a exercer como profesor desa mesma disciplina no University College London, do que se converteu en profesor emérito logo da súa xubilación."Prof Michael Crawford. Emeritus Professor of Ancient History ". University College London.
Ademais dos seus dous destinos principais, na Universidade de Cambridge e no University College London, Crowford foi tamén profesor visitante en diversas institucións académicas europeas, como as universidades itálicas de Pavia (1983 e 1992), Padua (1986), San Marino (1989), Milán (1990) e L'Aquila (1990), ou as parisienses École Normale Supérieure (1984), École Pratique des Hautes Études (1997) e École des Hautes Études en Sciences Sociales (1999).
Recoñecementos
1980: nomeado membro da[Academia Británica. 1984: medalla da Royal Numismatic Society de Londres."The Society’s Medal". En The Royal Numismatic Society. 1984: Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). 1990: nomeado membro estranxeiro do Instituto Lombardo. 2001: nomeado oficial da Orde das Palmas Académicas da República Francesa. 2002: medalla Huntington da Sociedade Americana de Numismática."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. 2006: nomeado membro correspondente estranxeiro do Instituto de Francia. 2017: Premio Derek Allen, da Academia Británica."Derek Allen Prize". The British Academy.
Publicacións Esta é unha listaxe das monografías publicadas por Crawford en materia historiográfica e numismática:"Michael Crawford - Publications". En Academia Europaea.
Obra historiográfica
(1978): The Roman republic. The Harvester press. ISBN 978-0-85527-761-1 (1983): Archaic and Classical Greece: a selection of ancient sources in translation. Con D. Whitehead. Cambridge University Press. ISBN 9780521296380 (1983): Sources for ancient history. Cambridge University Press. ISBN 9780511622229 (1985): Rome in the late Republic. Con M. Beard. Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-1824-2 (1986): L'Impero romano e le strutture economiche e sociali delle provincie. Edizioni New Press. Como. (1987): Art and production in the world of the Caesars. Con T. J. Cornell et al. Olivetti. Milán. (1993): Antonio Agustin between Renaissance and Counter-reform. University of London. ISBN 978-0-85481-086-4 (1995): Ancient history and the antiquarian : essays in memory of Arnaldo Momigliano, Warburg Institute. University of London. ISBN 978-0-85481-095-6 (1996): Roman statutes, Institute of Classical Studies, School of Advanced Study. Con C. R. Ligota. University of London. ISBN 978-0-900587-69-6
Obra numismática
(1969): Roman Republican coin hoards. Royal Numismatic Society. Special Publications, 4. Londres. (1969): Coin hoards and the pattern of violence in the late Republic. R. Clay & Sons. Londres. (1974): Roman Republican coinage. Cambridge University Press. ISBN 0-521-07492-4 (1982): La moneta in Grecia e a Roma. Laterza. Bari. ISBN 9788842020486 (1984): A catalogue of Roman Republican coins in the collections of the Royal Scottish Museum, Edinburgh. Royal Scottish Museum. Edimburgo. (1985): Coinage and money under the Roman Republic: Italy and the Mediterranean economy. University of California Press. ISBN 0-520-05506-3 (1987): The Coinage of the Roman world in the late Republic : proceedings of a colloquium held at the British Museum in September 1985. Con Andrew Burnett. B.A.R. ISBN 978-0-86054-420-3 (1990): Medals and coins from Budé to Mommsen. Con C. R. Ligota. University of London. ISBN 978-0-85481-081-9
Notas
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Londres Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Galardoados co premio Derek Allen Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da École Normale Supérieure Categoría:Profesores do University College London Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Padua Categoría:Profesores da Universidade de Pavia