Tuluá é un concello colombiano que se atopa na rexión central do departamento do Valle del Cauca. É un motor comercial, demográfico, cultural, industrial, financeiro e agrícola do centro do departamento. Posúe unha cámara de comercio e é o cuarto municipio máis poboado do Valle del Cauca, cunha poboación aproximada de 200 000 habitantes.

A súa extensa área rural abrangue dende a chaira do val xeográfico do río Cauca, as ondulacións intermedias e a alta montaña pertencente á cordilleira central. A cidade atópase aproximadamente a 100 km de Cali. O río Tuluá cruza o casco urbano en sentido sur-norte.

Toponimia O significado propio do nome indíxena da cidade provén dos indíxenas tulués, mais foi amplamente discutido e pouco censurado, dado que a lingua pijao, da cal procede o nome, está pouco estudada e mesmo sufriu numerosas variacións por causa do uso de diferentes modismos rexionais da lingua e principalmente a súa extinción a principios de 1700. Aínda que a cidade fixo propio e oficial o significado "Cha e fácil de cultivar" tamén é aceptado o termo "terra fácil", como denominaban os pijaos ao val que conforman os ríos Tuluá e Morales, aínda que tamén se podería traducir como "terra do máis aló" debido a que os pijaos son orixinarios do val do río Magdalena.

Símbolos Escudo De estilo español antigo, en cruz, o escudo está dividido en catro cantóns: O cantón destro do xefe leva trece roeis azuis sobre o campo de prata. Representa o mesmo escudo nobiliario da familia Lemos, ligada á cidade galega de Monforte de Lemos, por considerar algúns historiadores a Xoán de Lemos e Aguirre como promotor da fundación de Tuluá. No cantón sinistro do xefe, o escudo ostenta un corazón de goles sobre un campo de ouro. Representa a cidade mesma, chamada pola súa localización xeográfica "Corazón do Val". No cantón destro da punta hai unha ponte de prata sobre un campo azul. Representa o espírito de unión e solidariedade cidadá, símbolo de alianza. No cantón sinistro da punta, vese unha montaña perfilada, un val e un río. É unha reprodución da característica orográfica máis determinante. Remata o escudo cun castelo ou fortaleza de prata, que simboliza a grandeza e elevación. Os grans de café e cacao fructificados enmarcan o escudo, simbolizando a riqueza agrícola de Tuluá polo ano do seu deseño. Unha cinta tricolor (vermello, verde e branco) cunha divisa unión, traballo e paz, ata os grans mencionados.

Bandeira Deseñada no ano 1960 e adoptada oficialmente como bandeira da cidade de Tuluá o 29 de maio de 1987 segundo o decreto 084. Está constituída por tres franxas horizontais, paralelas e de iguais dimensións entre si, coa seguinte descrición e interpretación. A franxa superior de cor vermella, que simboliza a enerxía da súa xente, a caridade e o amor que inspira a súa conduta fronte a situacións adversas e a ousadía para combater en defensa das causas nobres. A franxa do centro de cor verde, que simboliza o esplendor vexetal da rexión, a fe nos seus valores, a amizade e o respecto que prodigan os seus poboadores, a xuventude da súa historia e a esperanza dun futuro prometedor. A franxa inferior de cor branca simboliza a pureza da súa orixe, a franqueza e a ledicia no discorrer da existencia dos seus habitantes. A bandeira irá encavada en hasta dun longo equivalente a tres veces o seu ancho. Polo dereto No. 084 de maio de 1987 "polo cal se adopta oficialmente a Bandeira de Tuluá".

Cultura A cidade conta con 11 centros culturais, un teatro de estilo republicano (Patrimonio Nacional), 4 auditorios para eventos, sala de exposicións de arte, 3 bibliotecas, un centro de historia, un museo de arte viaria, un museo de etnobotánica, un museo de historia e un Corferias; adicionalmente realízanse anualmente 6 festivais culturais.

Principais festividades e eventos A Feira de Tuluá Festa de Reis e Feira Ganadeira Corregimiento da mariña Festival do Corazón Dulce Expociencias Tuluá Encontro Nacional de Estudiantinas Festival Internacional de Contadores de Historias e Lendas Festival Santa Cecilia Festival Vallecaucano de Monicreques Festival de Papaventos Festival do Mate e do Guarapo Festival de Danzas Folcróricas de Parellas

Tuluá tamén é recoñecido como berce de Poetas e Escritores.

Gastronomía dereita|miniatura|Chuleta. Algunhas bebidas famosas que poden ser disfrutadas en Tuluá son: a chicha de millo, o masato ou os champús. Entre os pratos típicos atopamos o sancocho, a rellena e o tamal. Tamén hai pratos doces: Desamargado, Cuaresmero, "Natilla" (na tempada do Nadal) e o Trasnochado. Tamén salienta o doce de Manjar Blanco propio do Valle del Cauca (diferénciase do arequipe, tradicional do Vello Caldas pola súa composición e preparación) e as vidancas.

Outro prato de gran nome e tradición é a carne á milanesa, que na zona do Valle del Cauda se coñece co nome de "chuletas".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Valle del Cauca