dereita|miniatura|Sinatura de libros en Ourense. Elísabet Benavent, nada en Gandía (provincia de Valencia) en 1984, é unha escritora española, tamén coñecida polo seu pseudónimo Beta Coqueta. Deuse a coñecer pola saga Valeria, cuxos dereitos audiovisuais foron adquiridos recentemente por Netflix, para producir unha serie que se estreará segundo a compañía no ano 2020.
Traxectoria Comezou a súa traxectoria como escritora en 2013, momento no que publicou a súa primeira novela En los zapatos de Valeria, á que lle seguiron o resto de títulos publicados nese mesmo ano e que conforman a saga Valeria: Valeria en el Espejo, Valeria en blanco y negro e Valeria al desnudo.
Tras o éxito acadado coa súa primeira saga, continuou escribindo e pronto chegaron ás librerías Persiguiendo a Silvia e Encontrando a Silvia, obras pertencentes ó Universo Silvia; Alguien que no soy, Alguien como tú e Alguien como yo, a súa Triloxía Mi Elección; Martina con vistas al mar e Martina en tierra firme, o seu Horizonte Martina; Mi isla, a súa primeira novela única; La magia de ser Sofía e La magia de ser nosotros, unha biloxía chamada Biloxía Sofía; e Fuimos canciones e Seremos recuerdos, a súa última biloxía. A súa última novela, Toda la verdad de mis mentiras, unha novela de entrega única, publicouse o 21 de febreiro de 2019.
Tratando de forma case única a figura da muller, os seus personaxes femininos caracterízanse por ser persoas normais e imperfectas, que perseguen os seus soños e loitan contra a rutina.
Noutra liña, publicou un libro, na temática de autoaxuda e estilo de vida, titulado Este cuaderno es para mí que a escritora deseñou, ilustrou e pensou para que os seus lectores e lectoras escribisen desde os seus secretos, pasando polas súas aspiracións, ata os seus medos.
Licenciada en Comunicación Audiovisual e cun mestrado en Comunicación e Arte pola Universidade Complutense de Madrid, reside nesta cidade co seu marido Óscar Martínez, locutor e DJ na cadea de radio LOS40.
Antes de adicarse a escribir libros, traballou durante seis anos no departamento de comunicación dunha multinacional e agora, á parte de cumprir o seu soño, colabora como columnista na revista Cuore.
Obra
Saga Valeria
En los zapatos de Valeria (2013, Suma de Letras) Valeria en el espejo (2013, Suma de Letras) Valeria en blanco y negro (2013, Suma de Letras) Valeria al desnudo (2013, Suma de Letras) El diario de Lola (2016, Suma de Letras; libro complementario)
Biloxía Silvia
Persiguiendo a Silvia (2014, Suma de Letras) Encontrando a Silvia (2014, Suma de Letras)
Triloxía Mi Elección
Alguien que no soy (2014, Suma de Letras) Alguien como tú (2015, Suma de Letras) Alguien como yo (2015, Suma de Letras) Tras las huellas de Alba, Hugo y Nico (2015, Suma de Letras; libro complementario)
Horizonte Martina
Martina con vistas al mar (2016, Suma de Letras) Martina en tierra firme (2016, Suma de Letras) Las recetas más tiernas de Martina (2016, Suma de Letras; libro complementario)
Biloxía Sofía
La magia de ser Sofía (2017, Suma de Letras) La magia de ser nosotros (2017, Suma de Letras)
Biloxía Canciones y recuerdos
Fuimos canciones (2018, Suma de Letras) Seremos recuerdos (2018, Suma de Letras)
Novelas únicas
Mi isla (2016, Suma de Letras) Este cuaderno es para mí (2017, Suma de Letras) Toda la verdad de mis mentiras (2019, Suma de Letras) Un cuento perfecto (2020, Suma de Letras)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da escritora Páxina oficial da autora en Megustaleer, web da súa editorial
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Gandia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid