Heidi é unha obra de literatura infantil publicada en 1881 pola escritora suíza Johanna Spyri, orixinalmente publicada en dúas partes (en , e ).Nathan Haskell Dole, translator of the 1899 edition É unha novela sobre os eventos na vida dunha rapaciña baixo o coidado do seu avó nos Alpes suízos. Foi escrito como un libro "para nenos e para aqueles que aman os nenos" (como se cita no seu subtítulo).
Heidi deu fama internacional a Spyri, é un dos libros máis vendidos xamais escritos e está entre as obras máis coñecidas da literatura suíza.
Foi traducido ó galego por Xesús González Gómez por Sotelo Blanco Edicións, da serie Movil Books, no ano 1987. Foi traducido ó galego de novo nunha edición bilingüe en galego e inglés por Beatriz Fraga e publicada por Sotelo Blanco Edicións, na serie Movil Books, no ano 2000. No ano 2021 publicouse unha nova tradución Patricia Buján Otero en Aira Editorial.
Argumento esquerda|miniatura|287x287px|Heidi co seu avó, debuxo de Jessie Willcox Smith, 1922. dereita|miniatura|284x284px|Portada do libro. HeidiMeaning of "Heidi" (cuxo nome verdadeiro é igual ao da súa nai, Adelaida) é unha nena, orfa dende moi pequena, que queda ao coidado da súa tía Dette.
Cando a muller atopa unha boa oportunidade de traballo, leva á nena a vivir á aldea de Dörfli (“aldeíña” literalmente no dialecto suízo alemán), na comuna suíza de Maienfeld co seu avó, a quen non coñecía, e a quen os habitantes chamaban "O Vello dos Alpes", por ser case un ermitán.
Heidi é cativada pola vida nos Alpes, onde leva un contacto directo coa natureza. Aí coñece a Pedro, un mozo que se encarga de pastorear ás cabras dos aldeáns, quen se converterá no mellor amigo da pequena e no seu compañeiro de aventuras. Heidi vive feliz, pero afastada da sociedade, pois o seu avó négase a que acuda ao colexio. A pequena establece aínda así unha grande amizade coa avoa e a nai de Pedro.
Un ano despois de terminada a primeira novela, apareceu a segunda parte, De novo Heidi, que narraba as aventuras da nena, afastada das montañas pola súa tía, quen a fixo contratar para facer de compañeira dunha nena inválida en Alemaña, chamada Klara Sesemann. Klara forma parte dunha das familias máis importantes de Frankfurt, pero pasa a vida pechada, unicamente acompañada da servidume e da Señorita Rottenmeier, quen exerce como a súa titora, xa que tanto o pai como a avoa de Klara permanecen pouco tempo na cidade por motivos de negocios. O peche e a rixidez na educación terminan por deprimir a Heidi, pero crea fortes lazos de amizade con Klara e a súa familia. O pai de Klara, consciente da depresión de Heidi, decide enviala de regreso aos Alpes suízos.
Heidi cambiaría a vida da familia de Klara. Pouco tempo despois da partida da súa amiga, Klara é enviada a visitala aos Alpes, onde no medio das belas paisaxes e rodeada polo agarimo do avó, de Pedro e de Heidi, consegue camiñar, cambiando a súa vida por completo.
Versións baseadas no libro miniatura|280x280px|Imaxes de Heidi e Pedro en Maienfeld. A historia tivo adaptacións en películas e series de televisión, incluíndo preto de 20 producións. En cine, existen 10 películas, principalmente de produción estadounidense ou de países de lingua alemá. En Hollywood realizouse unha famosa película en 1937, onde a protagonista é interpretada por Shirley Amorne.
A primeira versión en debuxos animados foi a serie xaponesa de televisión Heidi (), de 1974, e foi a de maior difusión, fama e aceptación. Adicionalmente existen varias películas en debuxos animados, obras teatrais e un drama musical. Varias coleccións de historietas e series televisivas completan a longa lista de obras baseadas no libro orixinal de Johanna Spyri.
Outras historias de Heidi Anos despois o tradutor ao idioma inglés, Charles Tritten, escribiu dúas novas historias, Heidi e Pedro (tamén coñecida como Heidi e Peter ou Heidi crece), na que se conta as experiencias de Heidi como mestra de escola, e Os fillos de Heidi na que Heidi deixa de ser a protagonista.
Heidiland miniatura|220x220px|A Casa de Heidi, en Maienfeld. A rexión de Heidiland, no Distrito de Landquart, no cantón dos Grisóns, é un destino turístico promovido en Suíza onde o visitante pode percorrer as paisaxes onde se desenvolve a ficticia historia de Heidi. A rexión sitúase en plenos Alpes, preto da fronteira de Liechtenstein e Austria e inclúe Maienfeld, a cidade máis próxima do lugar onde Heidi vivía. Na actualidade é un destino moi visitado por cidadáns xaponeses. En Maienfeld atópase A Casa de Heidi, unha recreación da cabana do avó.
Sobre o anime Na introdución da serie de anime de 1974 pódese ver a Heidi bailando alegremente co seu amigo Pedro. No fondo pódese observar a un grupo de aldeáns sostendo unha bandeira amarela que ten debuxada unha cabra negra. Esa bandeira pertence ao cantón de Schaffhausen ao norte de Suíza, na fronteira con Alemaña. O curioso é que a historia, de acordo ao libro, desenvólvese no cantón dos Grisóns (fronteira con Austria e Liechtenstein) no cal a bandeira tamén contén unha cabra, pero é totalmente diferente o seu deseño.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Heidi no Proxecto Gutemberg
Categoría:Obras literarias de 1881 Categoría:Novelas en alemán Categoría:Obras traducidas do alemán ao galego