miniatura|Localización do golfo do Ienisei.
O golfo do Ienisei (en ruso, Енисейский залив) é un grande estuario formado pola desembocadura do río Ienisei no mar de Kara, no océano Ártico.
O golfo do Ienisei e todas as súas illas, pertencen o Krai de Krasnoiarsk, unha división administrativa da Federación de Rusia, e forma parte da Reserva Natural Estatal Grande Ártico, a maior reserva natural de Rusia.
A estación biolóxica de Willem Barents é unha estación polar situada ao nordeste da baía de Meduza, no extremo norte da boca do Ienisei, nos 73° 21′ N 80° 32′ L.Willem Barents Biological Station - Interact.
Xeografía miniatura|250px|Vista de satélite do golfo e zonas adxacentes.
O golfo do Ienisei está formado por un ensanchamento do río, que oscila entre os de 50 km e os 250 km, nunha dirección aproximadamente Sur-Norte, nunha zona ao redor do asentamento de Munguy, ao norte da cidade de Dudinka.
O conxunto da rexión do baixo Ienisei é sombría e está pouco habitada, e os escasos asentamentos constrúense en solo permafrost. Non hai vexetación, excepto musgos, liques e algunhas herbas.
As augas costeiras son hábitats das belugas.
A profundidade máxima do golfo de Ienisei é de 63 m. A desembocadura do golfo está situada aproximadamente a 72° 30′ N, na zona da illa Sibiryakov, no mar de Kara.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Colin Thubron (2008): In Siberia. Londres: Random House UK. ISBN 978-0-0994-5926-2.
Outros artigos Río Ienisei Krai de Krasnoiarsk
Ligazóns externas Dissolved organic matter (DOM) in the estuary of the Yenisei Salt intrusions in Siberian river estuaries
Categoría:Xeografía de Rusia