miniatura|dereita|250px|Execución por decapitación no Xapón de 1860. A decapitación (do latín caput, capitis, que significa testa) é un xeito de execución que consiste en separar a cabeza do corpo. O resultado é a morte instantánea, xa que cercenar a testa priva a tódolos órganos das súas funcións involuntarias que son esenciais para o corpo, mentres que o cerebro é privado de sangue osixenado.
A decapitación realízase xeralmente cun coitelo, espada, sabre, machado ou guillotina e durante moito tempo foi unha forma normal de aplicala pena de morte. A decapitación accidental pode ser o resultado dunha explosión, accidente de coche ou industrial,ver Isadora Duncan a execución errada por enforcamento ou outra ferida violenta. O suicidio por decapitación é raro pero non descoñecido. É unha pena de morte legal en Arabia Saudita, Qatar e o Iemen, pero só se aplica no primeiro país.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pardo de Cela
Categoría:Métodos de execución