Ducas, nado ca. 1400 e finado despois de 1462, foi un historiador bizantino que floreceu durante o mandato de Constantino XI Paleólogo, o último emperador bizantinoKazhdan (1991), p. 656. A obra de Ducas é unha das fontes máis importantes das últimas décadas do Imperio bizantino e da súa caída ante os otománs.
Traxectoria Era neto de Miguel Ducas, que desempeñou unha función importante na guerra civil bizantina de mediados do século XIV.
A data do seu nacemento é descoñecida, do mesmo xeito que o seu primeiro nome. E mencionado por primeira vez en 1421, vivindo en Nova Focea e servindo como secretario do gobernador xenovésKazhdan (1991), p. 656. Despois da caída de Constantinopla, buscou refuxio en Lesbos, onde entrou ao servizo da familia gobernante dos Gattilusi.
Empregouse en varias misións diplomáticas ante a corte otomá.Kazhdan (1991), p. 656. Tivo éxito na obtención dunha semi-independencia de Lesbos até 1462, cando foi tomada e anexada ao Imperio Otomán polo sultán Mehmet II. Sábese que Ducas sobreviviu, pero non hai rexistro da súa vida posterior.
Obra Foi o autor dunha historia do período de 1341-1462, a súa obra continúa así a de Nicéforo Grégoras e Xoán Cantacuceno, e suplementou a de Xurxo Frantzes e Laónico Calcocondilas. Existe un capítulo preliminar da cronoloxía desde Adán a Xoán V Paleólogo.
Aínda que sen refinar en estilo, a historia de Ducas é á vez algo sensato e máis ou menos digno de confianza, e é unha fonte valiosa dos últimos anos do Imperio bizantino. O relato da caída de Constantinopla é de especial importancia. Ducas foi un firme partidario da unión das igrexas grega e latina, e presentase con amargura contra os que rexeitaron mesmo a idea de recorrer á axuda occidental contra os otománs.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ducas no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).
Categoría:Historiadores bizantinos Categoría:Finados no século XV