Derek Fortrose Allen, nado en Epson, no condado de Surrey, o 29 de maio de 1910 e finado en Chipping Norton, Oxfordshire, o 13 de xuño de 1975, foi un conservador de museo e numismático inglés, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e directivo da Academia Británica desde 1969 ata o seu falecemento."Allen, Derek Fortrose". En Who´s Who & Who Was Who.Turner, E. G. (1977). Páxina 435.

Traxectoria

Infancia e formación Derek Allen era fillo do xurista Ernest Allen e de Elsie Mackenzie, que lle transmitiu a Derek a súa paixón pola música. Logo do ensino primario en Sutton, cursou a educación secundaria no Wellington College de Berkshire. A delicada situación económica da familia na década de 1930 impediu que puidese realizar estudos superiores, aínda que afondou na súa formación musical co propósito de chegar a se converter en profesional, o que o levou a residir en Oxford.Turner, E. G. (1977). Páxina 436.

En Oxford tomou contacto coa historiografía e a arqueoloxía influído por varios dos seus profesores, e empezou a acudir a algunhas escavacións. Un deses profesores, Michael Parker, propúxoo para ocupar un posto vacante no Museo Británico.Turner, E. G. (1977). Páxina 438.

Vinculación coa numismática E así foi que en 1935 accedeu como conservador axudante ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, ás ordes de John Allan e en substitución de G. C. Brooke, que falecera repentinamente.Turner, E. G. (1977). Páxina 439. A súa primeira publicación en materia numismática produciuse xa no ano seguinte, cun artigo para o Congreso Internacional de Numismática de 1936, celebrado en Londres, aínda que as súas contribucións máis significativas non empezaron a producirse ata a década de 1940.Blunt, C. E. (1976). Páxina 90-91.

En 1938 casou con Winifred Gell, con quen tivo tres fillos, e estableceu a súa residencia no distrito londiniense de Bloomsbury.Turner, E. G. (1977). Páxina 440.

Aínda que nos primeiros momentos carecía de experiencia, axiña se lle encomedou encargarse da clasificación das 4.000 moedas dos reis Eduardo I e Eduardo II procedentes do tesouro de Boyton, e seguidamente do legado de Clarke-Thornhill, consistente en 12.000 pezas. A partir de aí, Allen non tardou en ser recoñecido como unha das principais autoridades mundiais na moeda antiga das illas británicas e na moeda celta de todo o continente. O seu proxecto de catalogar as emisións monetarias de Henrique II foi interrompido pola segunda guerra mundial, aínda que logrou concluílo en 1947.Turner, E. G. (1977). Páxinas 439-456.Blunt, C. E. (1976). Páxina 91.

Derek Allen ingresou na British Numismatic Society (BNS) en 1935 e foi o secretario da entidade desde 1938 a 1941. Así mesmo, foi o editor dos volumes XXII e XXIII do seu órgano de expresión, o British Numismatic Journal. A súa estreita vinculación coa BNS levouno a ser elixido presidente entre 1959-1963.

Tamén formou parte da Royal Numismatic Society, que presidiu entre 1966 e 1970."Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.Turner, E. G. (1977). Páxina 446. Así mesmo, foi elixido membro da Academia Británica en 1963 e nela exerceu os postos de secretario e de tesoureiro.

Allen xubilouse en 1968 e pasou os derradeiros anos da súa vida en Chilson, en Oxfordshire.Turner, E. G. (1977). Páxina 447.

Premio Derek Allen En 1976, un ano despois do seu pasamento, a súa viúva estabeleceu coa Academia Británica un premio na súa memoria, o premio Derek Allen, co que se recoñecen anualmente traballos de investigación sobre as tres paixóns de Allen: a musicoloxía, anumismática e os estudos celtas."Derek Allen Prize". The British Academy.

Recoñecementos

1953: Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society. 1966: Medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. 1971: Membro de honra da British Numismatic Society.

Escolma de publicacións A maior parte da obra científica de Derek Allen foi publicada no British Numismatic Journal, o órgano de expresión da British Numismatic Society. Porén, Allen publicou tamén nalgunhas das máis prestixiosas revistas numismáticas europeas do momento e foi autor de diversas monografías (unha importante parte das súas publicacións son póstumas)."Allen, Derek Fortrose 1910-1975 ". En Digital Library Numis.Thompson, R. H. (1974)."Derek Fortrose Allen". En WorldCat.

Artigos en British Numismatic Journal

(1938-1941): "The ‘Weymouth’ and ‘Salisbury’ mints of Charles I". BNJ. Nº 23. Páxinas 97-118. (1945-1948): "The design of Edward III's silver coinage". BNJ. Nº 25. Páxinas 125-129. (1945-1948): "A medal of Anne Boleyn". BNJ. Nº 25. Páxinas 209-211. (1945-1948): "Edward the Confessor's gold penny". BNJ. Nº 25. Páxinas 259-276. (1955-1957): "A remarkable Celtic coin from Canterbury". BNJ. Nº 28. Páxinas 443-448. (1958-1959): "Some Ancient British notes". BNJ. Nº 29. Páxinas 1-4. (1962): "The Haslemere hoard". BNJ. Nº 31. Páxinas 1-7. (1964): "Celtic coins from the Romano-British temple at Harlow. Part I". BNJ. Nº 33. Páxinas 1-6. (1965): "A Celtic miscellany". BNJ. Nº 34. Páxinas 1-7. (1967): "Three ancient British notes". BNJ. Nº 36. Páxinas 8-10. (1967): "Celtic coins from the Romano-British temple at Harlow. Part II". BNJ. Nº 36. Páxinas 1-7. (1968): "Celtic coins from the Romano-British temple at Harlow. Part III". BNJ. Nº 37. Páxinas 1-5.

Outros artigos

(1965): "Les pièces d'argent minces du comté de Hampshire : nouveau lien entre la Gaule celtique et la Grande-Bretagne". Revue Numismatique. 6ª ser. Nº 7. Páxinas 79-93

(1976): "The Houssen hoard at Colmar". Revue Belge de Numismatique. Nº 122. Páxinas 79-85. (1977): "The Celtic coins in the Royal Netherlands Cabinet at The Hague". Jaarboek voor Munt- en Penningkunde. Nº 64. Páxinas 5-22.

Monografías

(1938): The Richborough hoard of 'radiates', 1931. Con H. Mattingly et al. American Numismatic Society. (1963): Sylloge of Coins of the British Isles, Part 3: The Coins of the Coritani. British Academy - Oxford University Press. (1978): The Coins from the oppidum of Altenburg and the Bushel series. Con F. Fischer. Ed. P. von Zabern. (1978): An introduction to Celtic coins. British Museum Publications. ISBN 9780714108414 (1980): The coins of the ancient Celts. Con Daphne Nash. Edinburgh University Press. ISBN 9780852243718

(1987- 1995): Catalogue of the Celtic coins in the British Museum : with supplementary material from other British collections. Con John Kent e Melinda Mays. British Museum Publications. (1987): Vol. 1: Silver coins of the East Celts and Balkan peoples. (1990): Vol. 2: Silver coins of North Italy, South and Central France, Switzerland and South Germany. ISBN 9780714108698 (1995): Vol. 3: Bronze coins of Gaul. ISBN 9780714108780

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Turner, E. G. (1977). "Allen, Derek Fortrose, 1910-1975". En Proceedings of the British Academy. Vol. 62. Páxinas 434-457. ISBN 978-0-19-725976-4 Blunt, C. E. (1976). "Obituary: D. F. Allen, 1910-1975". The British Numismatic Journal. Vol. 46. Páxinas 89-91. Thompson, R. H. (1974). "Published work of Derek Fortrose Allen".The Numismatic Chronicle. Serie 7. Nº 14. Páxinas 259-271.

Ligazóns externas

Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico Academia Británica

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Londres