Mason Dye, nado en Shawnee, Oklahoma, o 15 de xullo de 1994 é un actor estadounidense coñecido polas súas interpretacións en Teen Wolf e Flowers in the Attic. Traxectoria Primeiros anos Mason Dye naceu en Shawnee, Oklahoma. Criouse en Ada, Oklahoma cun irmán máis vello, Preston, e unha irmá máis nova, Taylor, coñecida por formar parte do dúo Maddie & Tae.
Carreira Dye arrancou a súa carreira con papeis no filme Adventures of Bailey: A Night in Cowtown e cun papel recorrente nas series online Secret Diary of an American Cheerleader 2: The Fierce One. En 2014, protagonizou como Christopher Dollanganger no filme de Lifetime Flowers in the Attic, baseado na novela de V. C. Andrews. Tamén foi actor invitado nas series Showtime e Teen Wolf. En 2015, interpretou o papel de Victor no filme de Lifetime My Stepdaughter. Dye apareceu como invitado en Roommates e Finding Carter.
En 2016, Dye protagonizou como Tyler Evans no filme dramático Natural Selection coprotagonizado por Katherine McNamara. Máis tarde dese ano, interpretou a Josh Jackson no filme dramático de acción e aventuras Vanished – Left Behind: Next Generation xunto con Amber Frank e Dylan Sprayberry. En 2017, interpretou o papel de Bruce Kane no filme de suspense de Lifetime Stalker's Prey. Tamén interpretou a Tyler Pemhardt no filme de terror Truth or Dare, estreado na canle syfy. En 2018, interpretou a Matt no filme de Lifetime The Wrong Son.
Filmografía
Cinema Ano Título Papel Notas 2013 Adventures of Bailey: A Night in Cowtown Marc 2016 Natural Selection Tyler Evans 2016 Vanished – Left Behind: Next Generation Josh Jackson
Televisión Ano Título Papel Notas 2014 Flowers in the Attic Christopher Dollanganger Telefilme (Lifetime) 2014 Review Tyler Episodio: "Revenge; Getting Rich; Aching" 2014 Teen Wolf Garrett 4 episodios 2015 Finding Carter Damon 9 episodios 2015 My Stepdaughter Victor Telefilme (Lifetime) 2016 Major Crimes Eric Hayes Episodio: "Family Law" 2017 Stalker's Prey Bruce Kane Telefilme (Lifetime) 2017 Truth or Dare Tyler Pemhardt Telefilme (Syfy) 2018 The Wrong Son Matt Telefilme (Lifetime)
Web Ano Título Papel Notas 2013 Secret Diary of an American Cheerleader 2: The Fierce One Brandon 5 episodios 2016 Roommates Mason 8 episodios
Vídeos musicais AnoTítuloArtista2015 "Shut Up and Fish" Maddie & Tae
Notas
Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1994 Categoría:Actores de Oklahoma Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América