O dos daures (en mongol Дагуур Daguur; en chinés tradicional 达 斡 尔 族; en chinés simplificado 達 斡 爾 族; en pinyin Dáwò'ěrzú) é unha minoría étnica, unha das 56 oficialmente recoñecidas polo goberno da República Popular da China.
Habitan principalmente na rexión autónoma de Mongolia Interior e nas provincias de Heilongjiang e Xinjiang.
A súa poboación no ano 2010 era de 131 992 persoas.Multicultural China: A Statistical Yearbook (2014), p349
Xeneticamente, os daures son descendentes dos kitai, como demostraron algúns recentes análises do ADN.DNA Match Solves Ancient Mystery
Lingua miniatura|250px|Situación dos daures entre os estados mongois no século XVI (Dagur no mapa).
O idioma daur pertence ao grupo das linguas mongólicas, que se inclúe dentro da familia das linguas altai. Está composto por tres dialectos: buteha, qiqihar e xinjiang. A lingua daur non ten un sistema de signos escritos e durante a dinastía Qing utilizaron o sistema manchú.
Utilizan unha ortografía baseada no pinyin.
Ademais de falar o seu su propio idioma, moitos daures son capaces de falar en chinés, en mongol, en uigur e en ewenki para comunicárense entre eles e con membros doutras etnias.
Historia Ao igual que no caso dos oroqen e os ewenki, crese que os daures son descendentes dos khitan, un antigo pobo nómade que habitou na zona do río Heilong e que fundou a dinastía Liao. A principios da dinastía Qing algúns grupos trasladáronse até zonas máis ao oeste e formaron o pobo daur.
Os daures loitaron contra a Rusia tsarista entre 1643 e 1651.
Tamén realizaron unha intensa resistencia contra a ocupación xaponesa desde 1937 até 1945.Bulag, Uradyn E. (2000): The Mongols at China's edge: history and the politics of national unity. Lanham, Maryland, USA: Rowman & Littlefield Publishers. ISBN 978-0-7425-1144-6, p. 158.
Relixión Os daures son basicamente politeístas. Cada clan ten o seu propio xamán encargado de realizar e bendicir todas as cerimonias importantes na vida dun daur. Existen algúns individuos daur que adoptaron o lamaísmo como relixión.
Notas
Véxase tamén Ligazónms externs The Daur ethnic minority .
Categoría:Pobos mongois Categoría:Grupos étnicos da China